A improvisación e as trapalladas de xestión urbanística fan que o PP non sexa críbel co PEPRI
A Coruña, 9 de xullo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG manifesta que a improvisación e as trapalladas de xestión urbanística fan que o Goberno Local non sexa críbel respecto do PEPRI cando informa dos prazos para a súa aprobación definitiva sinalando que se podería aprobar definitivamente a finais de ano.
As nacionalistas, lembran, que no Pleno de maio, o concelleiro de Urbanismo, o Sr. Fernández Prado, ante unha pregunta oral do BNG para saber cando pensaba o Goberno municipal traer a Pleno para a súa aprobación definitiva o PEPRI, o Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións para a Mellora da Mobilidade na zona da Mariña e o Parrote e a modificación do Plan Especial do Porto,contestou que el PEPRI, que es de competencia municipal, esperamos traerlo en las próximas semanas, antes del verano
O BNG afirma que o motivo deste retraso dos prazos do PEPRI débese á renuncia de continuar a tramitación do Plan Especial do Porto e do Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións para a Mellora da Mobilidade na zona da Mariña e do Parrote motivada pola xestión urbanística trapalleira que se estaba a facer cos tres documentos en tramitación, os cales tiñan contradicións entre si e non lle daban amparo ás obras de urbanización da Mariña. Razón esta polo que o Goberno Municipal decidiu renunciar a continuar a tramitación do Plan Especial de Mobilidade e da modificación puntual do Plan Especial do Porto, incorporando no PEPRI os cambios que fagan falta e as determinacións que correspondan dos outros dous documentos aos que se renuncia, tal e como sinalou o Director de Urbanismo en escrito de 3 de xuño de 2014 no que desestimaba unha solicitude do BNG a que o alcalde comunicase a Autoridade Portuaria a desistir dos procedementos en contratación da urbanización da Mariña por vulneración do planeamento urbanístico de aplicación.