O BNG critica que Feijóo se desentenda da xestión dos aeroportos e de pedir as competencias
A Coruña, 11 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia o desinterese de Feijóo pola xestión dos aeroportos galegos despois de que volvera encasquetarlle ao Goberno central toda a responsabilidade no canto de solicitarlle a transferencia das competencias. En vez de optar por exixirlle a Madrid a xestión aeroportuaria galega para poder facer desde Galiza unha planificación real e rigorosa que dea respostas acaídas ás nosas necesidades, o presidente da Xunta desenténdese cada vez máis de Alvedro, Lavacolla e Peinador.
O Grupo Municipal do BNG insiste na necesidade de acabar co criterio provinciano e centralista do todo pasa por Madrid e de crear un sistema aeroportuario galego en pé de igualdade e colaboración, lonxe das lideiras populistas e localistas que imperan a día de hoxe. Para isto, é necesario que o Goberno galego solicite a transferencia das competencias aeroportuarias, algo que o Partido Popular, vendo a despreocupación de Feijóo, non está disposto a facer.