Toponimia
Novas
20191209_110335

O Goberno Local vai substituír "progresivamente" os cartaces con topónimos deturpados

O Goberno Local ten a intención de “substituír progresivamente os cartaces e sinais que presenten toponimia deturpada”. Así llo di o Executivo coruñés ao BNG en resposta a unha pregunta formulada por escrito pola concelleira Avia Veira, quen, nunha iniciativa sobre o uso do galego por parte do Concello, se interesaba por saber que pensaba facer o gabinete liderado por Inés Rey para “corrixir aquela toponimia deturpada que permanece na sinalización da cidade”. Cumpre lembrar que a única forma legal dos topónimos é a galega (artigo 10 da Lei de Normalización Lingüística de 1983).
Ler novas
Novas
Edición en papel, en formato de man e encartado, do novo mapa turístico da Coruña coas numerosas deturpacións toponímicas

Exiximos ao Goberno da Marea Atlántica que faga unha nova edición do mapa turístico da cidade

O mapa editado a finais de agosto contén innumerábeis deturpacións toponímicas de lugares da cidade así como de vilas do país

Ademais de se editar a finais da temporada estival e non no seu comezo, cousa que xa nos parece ilóxica, edítase facendo cun grave incumprimento e falta de respecto da nosa toponimia: exiximos ao Executivo da Marea a retirada inmediata deste mapa, tanto da páxina web como das súas versións en papel, e a edición dun novo con todos os nomes na súa única forma correcta

Ler novas