Perpetuaranse as deficiencias nas dependencias do noso Rexistro municipal
O Goberno municipal non incluíu unha partida para a reforma do Rexistro municipal no modificativo M10/2017 malia a solicitude formal remitida o martes que non foi contestada
Propuxemos por escrito que se empregara unha parte do superávit (que hoxe vai a ser reformulado nun novo modificativo na Xunta de Goberno) para renovar as instalacións do Rexistro Municipal de María Pita. É por iso que queremos facer unha dura crítica ao Executivo local ao non atender os continuos laios tanto das usuarias e dos usuarios do servizo como do cadro de persoal que ten solicitado en varias ocasións a adecuación das instalacións ás normas de Saúde Laboral e PRL
O Goberno da Marea evidencia, deste xeito, que pouco o nada lle interesa as persoas traballadoras, que teñen que realizar o seu traballo en condicións precarias, incumprindo os mínimo en materia de Saúde Laboral e de Prevención de Riscos Laborais, así como as propias persoas usuarias do servizo, que agardan pacientemente mesmo durante horas a ser atendidas, e que non teñen a culpa da nefasta xestión que o Goberno municipal está facendo dos servizos municipais