CONCERTO ECONÓMICO
Queremos un Concerto Económico para financiar os servizos públicos básicos en Galiza
Daremos o debate no Pleno sobre a necesidade de que Galiza teña de verdade autonomía financeira, porque nos dá o control total dos nosos cartos, porque aporta aos galegos e galegas 3.500 millóns de euros adicionais cos que blindar os servizos públicos e os servizos sociais e porque nos permite aplicar unha fiscalidade xusta na que paguen máis os que máis teñen”
Tamén propoñemos a creación dunha Axencia Tributaria galega, xa que logo calculamos que Galiza, en base ao último exercicio fiscal liquidado (2014), co actual modelo de financiamento, aportou ao Estado vía impostos 11.131 millóns de euros, mentres este transferiu 7.043 millóns
Queremos dar o debate (podes ver a iniciativa premendo aquí) sobre a necesidade de que Galiza goce dunha verdadeira autonomía financeira xa que logo un concerto económico aportaría 3.500 millóns de euros, que servirían para financiar servizos públicos e sociais, acabar cos recortes en sanidade, en educación, na lei dependencia e noutros servizos ou daríanos a autonomía necesaria parta poder investir os noso cartos onde fan falla”.
Calculamos que Galiza, en base ao último exercicio fiscal liquidado (2014), co actual modelo de financiamento, aportou ao Estado vía impostos 11.131 millóns de euros, mentres este transferiu 7.043 millóns.
Asemade, na iniciativa que presentamos tamén propomos impulsar a creación dunha Axencia Tributaria galega, que tería capacidade para a organización e o exercicio de todas as funcións propias da xestión tributaria (exacción, xestión, recadación, revisión, sanción e inspección), e, entre outras funcións, sería a encargada da transferencia dos recursos necesarios desde Galiza ao Estado en concepto do custo das competencias e dos servizos comúns prestados que afecten a Galiza ou da transferencia aos concellos galegos dos recursos necesarios para atenderen as súas competencias e servizos locais con criterios propios que permitan unha adaptación ás características do territorio e da organización local.
Entendemos que o concerto económico é a alternativa para as nacións que teñen vontade política de selo e para unha convivencia entre iguais nun Estado plurinacional. Permitiríanos aplicar unha fiscalidade xusta na que paguen máis os que máis teñen e, por suposto, porque Galiza é unha nación, confiamos na capacidade deste país, non compramos a falsa idea de que vivimos da solidariedade do Estado. Galiza non lle debe nada ao Estado, é o estado quen ten unha débeda con nós.
A Coruña, 2 de febreiro de 2017