REXISTRO MUNICIPAL
Perpetuaranse as deficiencias nas dependencias do noso Rexistro municipal
O Goberno municipal non incluíu unha partida para a reforma do Rexistro municipal no modificativo M10/2017 malia a solicitude formal remitida o martes que non foi contestada
Propuxemos por escrito que se empregara unha parte do superávit (que hoxe vai a ser reformulado nun novo modificativo na Xunta de Goberno) para renovar as instalacións do Rexistro Municipal de María Pita. É por iso que queremos facer unha dura crítica ao Executivo local ao non atender os continuos laios tanto das usuarias e dos usuarios do servizo como do cadro de persoal que ten solicitado en varias ocasións a adecuación das instalacións ás normas de Saúde Laboral e PRL
O Goberno da Marea evidencia, deste xeito, que pouco o nada lle interesa as persoas traballadoras, que teñen que realizar o seu traballo en condicións precarias, incumprindo os mínimo en materia de Saúde Laboral e de Prevención de Riscos Laborais, así como as propias persoas usuarias do servizo, que agardan pacientemente mesmo durante horas a ser atendidas, e que non teñen a culpa da nefasta xestión que o Goberno municipal está facendo dos servizos municipais
O Goberno municipal non incluíu unha partida para a reforma do Rexistro municipal no modificativo M10/2017 malia a solicitude formal remitida este pasado martes e que mesmo non foi contestada.
Segundo puidemos comprobar, consultando as instrucións emitidas polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas na que fala das aplicacións da normativa sobre investimentos financeiramente sostíbeis en 2016, un dos programas aos que se pode destinar o superávit ou o remanente de tesouraría, obxecto do modificativo de crédito M10/2017 que será aprobado hoxe en Xunta de Goberno, é o epígrafe 933, “xestión do patrimonio aplicado á rehabilitación e reparación de infraestruturas e inmóbeis propiedade da entidade local afectos ao servizo público”, polo que, no seu momento (este martes) procederon a propor por escrito ao concelleiro Xiao Varela, que parte fora empregado para renovar as instalacións do Rexistro Municipal de María Pita.
Deste xeito, dábase cumprimento ao rogo oral que nós presentamos no último Pleno ordinario de novembro, e se atendían os continuos laios tanto das usuarias e dos usuarios do servizo como do cadro de persoal que ten solicitado en varias ocasións a adecuación das instalacións ás normas de Saúde Laboral e PRL, e que xa foran obxecto doutras iniciativas nosas no Pleno de outubro, e mesmo dunha denuncia formulada pola representación sindical das traballadoras e traballadores por medio da CIG.
O Goberno da Marea evidencia que pouco o nada lle interesa as persoas traballadoras, que teñen que realizar o seu traballo en condicións precarias, incumprindo os mínimo en materia de Saúde Laboral e de Prevención de Riscos Laborais, así como as propias persoas usuarias do servizo, que agardan pacientemente mesmo durante horas a ser atendidas, e que non teñen a culpa da nefasta xestión que o Goberno municipal está facendo dos servizos municipais. Cremos que a obra é urxente: é a porta de entrada da veciñanza ao Concello e non podemos ter a xente maior de pé durante horas sen acceso a aseos, a nenas e a nenos pequenos, á xente sen atender debidamente etc, e co servizo colapsado.
A Coruña, 9 de novembro de 2017
Artigos relacionados: