ESTACIÓN DE AUTOBUSES
Sen servizo de atención polas tardes ás viaxeiras e aos viaxeiros da Estación de Autobuses
Preguntamos por escrito pola falta de persoal no servizo de atención ao público da Estación de Autobuses
Por que desde o 15 de xuño, e até o 15 de setembro, no horario de tarde, na Estación de Autobuses non estará garantido o servizo de atención ao público, o servizo de consigna e o servizo de sinalización e información de chegadas e saídas da estación?
Hoxe presentamos unha batería de preguntas (podes descargalas aquí) a respecto do servizo de atención ao público na Estación de Autobuses.
E é que hoxe, diversos medios de comunicación recollen que, desde o 15 de xuño até o 15 de setembro, no horario vespertino, non está garantido o servizo de atención ao público, o servizo de consigna e o servizo de sinalización e información de chegadas e saídas da estación.
Do mesmo xeito, estes medios recollen que a resposta oficial ante esta situación recibida desde o Goberno municipal é a imposibilidade da contratación imposta ás administracións locais pola “lei Montoro”.
Vólvese a empregar a mesma escusa sempre que existe unha carencia de servizo que debe ser provista desde o Concello, mais as principais prexudicadas e prexudicados son as e os usuarios da estación que durante tres meses non terán esa atención, algo, ao noso xuízo, completamente surrealista. Para nós isto amosa falta de previsión, falta de xestión, e, o que é mais grave, desleixo polo que lles poida pasar ás usuarias e aos usuarios da estación de autobuses que empreguen os seus servizo polas tarde durante este verán”, sinalan desde a formación nacionalista.
Así, preguntamos que solucións está buscando o Goberno municipal para resolver estas carencias de atención ao público e para cando ten previstas resolvelas, que actuacións ten previstas desenvolver de aquí ao futuro para que non se volvan producir estas carencias de atención ao público, solicitando a concrecións das mesmas, e, por último, e xa que logo as repostas ás preguntas que realimos non se van recibir antes do 4 de setembro, solicitamos que, canto menos, se garanta a resolución antes desa data de todos os problemas de atención ao público da estación de autobuses.
A Coruña, 26 de xuño de 2017.