O colapso no Rexistro municipal segue meses despois das nosas denuncias
Volveremos levar a Pleno a situación caótica do Rexistro Xeral de María Pita
O colapso continuado nas últimas semanas, tanto do Rexistro municipal como dos servizos de Padrón, volve a reproducir a situación que denunciamos en setembro e en outubro do ano pasado. Para as coruñesas e coruñeses que teñen que vir até aquí a realizar as súas xestións e para as traballadoras e os traballadores a situación é insostíbel. Onte, ao medio día, había máis de setenta persoas agardando a súa quenda nas instalacións municipais. E o Goberno municipal segue sen realizar ningunha actuación para solucionar este colapso
Solicitaremos na iniciativa a restauración dos servizos do Padrón que foran retirados do Ágora e do Forum Metropolitano
Lembramos que presentamos sendas iniciativas, tanto no modificativo M10/2017 como para os orzamentos municipais de 2018, para reservar investimentos para a ampliación das instalacións municipais de María Pita