REXISTRO MUNICIPAL
O colapso no Rexistro municipal segue meses despois das nosas denuncias
Volveremos levar a Pleno a situación caótica do Rexistro Xeral de María Pita
O colapso continuado nas últimas semanas, tanto do Rexistro municipal como dos servizos de Padrón, volve a reproducir a situación que denunciamos en setembro e en outubro do ano pasado. Para as coruñesas e coruñeses que teñen que vir até aquí a realizar as súas xestións e para as traballadoras e os traballadores a situación é insostíbel. Onte, ao medio día, había máis de setenta persoas agardando a súa quenda nas instalacións municipais. E o Goberno municipal segue sen realizar ningunha actuación para solucionar este colapso
Solicitaremos na iniciativa a restauración dos servizos do Padrón que foran retirados do Ágora e do Forum Metropolitano
Lembramos que presentamos sendas iniciativas, tanto no modificativo M10/2017 como para os orzamentos municipais de 2018, para reservar investimentos para a ampliación das instalacións municipais de María Pita
Volveremos a levar a debate en Pleno a situación de colapso que está sufrindo estas ultimas semanas as instalacións do Rexistro Municipal e do Padrón, no propio edifico de María Pita.
Deste xeito, volvemos recoller as denuncias sobre a situación que están sufrindo as persoas usuarias dos servizos xerais do Rexistro e do Padrón, así como as traballadoras e os traballadores, do mesmo xeito a como xa fixemos a altura de setembro e outubro do ano pasado, ao se repetir a caótica situación destes servizos, e que dan lugar a que se produzan esperas nas quendas de atención dunha hora, e que se acumulen máis de setenta persoas, como mínimo, para seren atendidas.
O colapso continuado nas últimas semanas, tanto do Rexistro municipal como dos servizos de Padrón, volve a reproducir a situación que denunciamos en setembro e en outubro do ano pasado. Para as coruñesas e coruñeses que teñen que vir até aquí a realizar as súas xestións e para as traballadoras e os traballadores a situación é insostíbel. Onte, ao medio día, había máis de setenta persoas agardando a súa quenda nas instalacións municipais. E o Goberno municipal segue sen realizar ningunha actuación para solucionar este colapso.
Así, na iniciativa solicitaremos a restauración dos servizos do Padrón que foran retirados do Ágora e do Forum Metropolitano, servizos que no seu momento foron centralizados nas instalacións municipais de María Pita, malia a denuncia realizada polo persoal laboral do concello e a CIG, xa que logo a decisión fora tomada sen explicación algunha.
Asemade, tamén volveremos solicitar habilitar os investimentos necesarios para as oficinas situadas no Palacio municipal para unha reforma integral e se adecúen as instalacións para a atencións ao público e ás normas de Saúde Laboral e PRL, en cumprimento da iniciativa que presentamos no Pleno de outubro, e que non foi aínda atendida.
Lembramos que presentamos sendas iniciativas, tanto no modificativo M10/2017 como para os orzamentos municipais de 2018, para reservar investimentos para a ampliación das instalacións municipais de María Pita, así como un rogo oral en outubro no que solicitabamos a reforma destes espazos, para amplialos e que a xente non acabase amoreada, tal e como está volvendo a acontecer estes días, para a reforma dos baños e para a instalación dun sistema de ventilación das superficies. E exiximos do Executivo local que solucione de vez a situación xa que entendemos que este colapso ten fácil solución e que só a súa indiferenza para coa atención ao público e á veciñanza e para cos dereitos laborais das traballadoras e traballadores municipais están a provocar que a situación se perpetúe.
A Coruña, 3 de abril de 2018.
Artigos relacionados: