En resposta ao BNG, vaise abrir unha mesa de traballo sobre o cárcere
O Goberno Local propuxo este xoves a creación dunha Mesa de Traballo para definir que facer co antigo cárcere provincial, unha vez que o Tribunal Supremo tombase a pretensión de anulación do convenio suscrito en 2005 polo Concello coa Sociedade de Infraestructuras e Equipamientos Penitenciarios (SIEP) e, por tanto, reafirmase que a administración local tería de achegar 1,1 millóns de euros no caso de querer facerse coa titularidade do inmóbel. A acción ante o Supremo foi instada polo propio Concello para tentar deixar sen efecto un convenio asinado polo Goberno de Francisco Vázquez.