Novas
O derradeiro Pleno do mandato aproba as tres mocións do BNG
04/maio/2023
O derradeiro Pleno do Concello no presente mandato aprobou este xoves as tres mocións que o grupo municipal do BNG someteu á súa consideración, unha delas, a que demandaba “xogo limpo” durante a campaña e a non confusión entre institucións públicas e partidos políticos, por unanimidade. As outras dúas iniciativas –sobre a restitución da letra orixinaria do himno nacional galego e sobre a protección e posta en valor dos xerións como nova marca da cidade- viron a luz verde co apoio de PSOE e Marea e a abstención do PP.