UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Salvemos os xerións ante a falta de sensibilidade do Goberno Local!

Foto xerión redes
Foto xerión redes
Hai que salvar os xerións, arte urbana “que xa é marca de cidade”, e protexelos da “falta de sensibilidade cultural” dun Goberno Local que os persegue como se fosen produto de actos vandálicos e non como o que son, unha manifestación artística que simboliza A Coruña como cidade creativa.
Salvemos os xerións ante a falta de sensibilidade do Goberno Local!

Así o defende a concelleira e número 2 da candidatura do BNG, Avia Veira, quen no Pleno deste xoves 4 de maio vai defender unha moción para o Concello “abandonar a política de eliminación automática dos xerións”, reformando nesa dirección a actual normativa de limpeza viaria de modo a distinguir entre a arte urbana e o vandalismo.

Con esta iniciativa, o BNG pretende tamén que se faga un estudo para a protección destas pezas –hai experiencias de natureza semellante noutros concellos do Estado- e que se faga un mapeo daqueles xerións que teñen vocación de permanencia e que se elabore unha ruta que poda ser difundida en páxinas de turismo da cidade, blogs e guías.

Avia xerión
Avia Veira descubriu un xerión!

“A Coruña é unha cidade creativa que respira cultura e arte e mostra diso son os xerións –pequenas obras de arte coa forma da caveira e as tibias do tirano que, segundo a lenda, foi abatido por Hércules”, remarca Avia Veira.

Son pezas espontáneas e anónimas, aparecen en calquera recuncho da Coruña e “o seu autor ou autora, ou autores ou autoras –ninguén coñece quen está detrás delas-, interpelan as coruñesas e aos coruñeses, xogan coa veciñanza, a ver se descobren onde están, e se se animan a subiren fotografías ás redes sociais”.

 

“Os xerións son xa marca de cidade, vencellada á súa propia historia. Merecen protección e non seren perseguidos”, conclúe Veira.

 

 

Salvemos os xerións ante a falta de sensibilidade do Goberno Local!