Pleno de 13 de decembro de 2022
Novas
Jorquera e Veira. Pleno de decembro de 2022

O Pleno de decembro aproba as tres mocións do BNG

O Pleno do Concello correspondente ao mes de decembro deu luz verde ás tres mocións do BNG, dúas delas –as referidas ás obras no núcleo de Elviña e ao reforzo do servizo de Correos na nosa cidade- por unanimidade. Non obtivo o apoio do grupo municipal do PP, si o do resto de formacións, a que xirou arredor da mobilidade metropolitana. Neste último caso, o BNG aceptou unha emenda transaccionada cos grupos do PSOE e da Marea.
Ler novas
Novas
Avia Veira transporte urbano bus.

Unha moción para implantar carrís VAO na Vedra e na Ponte Pasaxe e para o Goberno Local esclarecer a súa posicion sobre a pasarela

A concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do vindeiro martes unha moción sobre mobilidade metropolitana con dúas ideas básicas: que se priorice o transporte público –habilitando por exemplo carrís VAO na reforma da Vedra e na ampliación da Ponte Pasaxe- e que o Goberno Local esclareza de vez cal é a súa posición sobre o proxecto da Xunta de unir As Xubias con Santa Cristina.
Ler novas
Novas
Mural Urbano Lugrís

Hai que salvar os murais de Urbano Lugrís!

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno do vindeiro 13 de decembro, por medio do cal insta o Goberno Local a que garanta a protección do “tesouro artístico” que representan “os murais de Urbano Lugrís” sitos na rúa Olmos número 25 e ameazados polo lamentábel estado de conservación do edificio que os alberga.
Ler novas
Novas
Parque Infantil A Sardiñeira

A necesaria reforma do Parque Infantil da Sardiñeira

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno ordinario do mes de decembro, por medio do cal insta o Goberno Local a asegurar a limpeza e o mantemento do parque infantil da Sardiñeira. O BNG non só pide que se proceda ao seu saneamento, senón tamén á súa reforma e ampliación, tal e como piden as veciñas e os veciños cos que o grupo municipal nacionalista tivo contacto hai uns días nunha visita de Jorquera ao barrio.
Ler novas