Novas
"Vostede quere saber quen manda no BNG. Desde logo, vostede non. Vostede manda no Concello, pero no BNG quen manda é a súa militancia"
10/mar./2022
Despois de, no Pleno deste xoves, o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, se referir á posición do BNG en relación á invasión de Ucraína por parte de Rusia –co argumento, falso, de que no Bloque hai distintas posturas sobre unha agresión que condenamos enerxicamente-, o noso voceiro no Concello, Francisco Jorquera, interpelouno nestes termos: