Rolda de prensa de avaliación das políticas de mobilidade na Coruña
Rolda de prensa de avaliación das políticas de mobilidade na Coruña
Rolda de prensa de avaliación das políticas de mobilidade na Coruña
Despois de visitar a zona xunto con veciñanza de Pedralonga propoñemos a construción dunha beirarrúa nun paso de dous tramos regulado semaforicamente que na actualidade carece de plataforma para peóns tendo que agardar estes a preferencia de paso na propia calzada
Tamén demandamos o repintado das sinalizacións horizontais, nomeadamente os pasos para peóns, moi desgastadas e case inindentificábeis desde os vehículos
Trasladamos ao próximo Pleno varias preguntas para a súa resposta por escrito así como un rogo interesándonos polas beirarrúas en Monte das Moas, a varanda da rotonda da avenida da Pasaxe e propoñendo a colocación dun paso para peóns no acceso ao Hospital San Rafael
Dáse a circunstancia que as beirarrúas da rúa Monte das Moas, que dá acceso desde os barrios dos Castros e do Castrillón á avenida da Pasaxe, era unha das 57 actuacións anunciadas e incompletas que o ano pasado se ían desenvolver desde a área de Rexeneración Urbana; preguntamos para cando se completará esta obra, moi demandada pola veciñanza da zona por ser esta unha rúa de paso con moito uso e que conecta eses barrios coas Xubias e a zona sanitaria, co CHUAC e co San Rafael