Novas
30 emendas para procurar un aumento de 252ME nos orzamentos do Estado para a cidade e a comarca
15/nov./2021
No seu estado actual os orzamentos do Estado-2022 non son aceptábeis polo BNG, polo que formulamos un feixe de emendas. Entre elas, 30 referidas á nosa cidade e comarca. De seren aprobadas, incrementaríase o investimento do Estado na Coruña e a súa contorna por volta de 252 millóns de euros, con especial destaque para os 200 que irían á futura fachada marítima da cidade. As emendas foron apresentadas aos medios esta mañá polo noso deputado no Congreso Néstor Rego e o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.