PRIMEIRA AVALIACIÓN DE URXENCIA
Luces e sombras nos orzamentos do Estado, con ausencias clamorosas como a non condonación da débeda do porto
1.-O proxecto ten luces e sombras. Nun plano xeral, podemos dicir que se cumpre o requisito de partida que esixira o BNG para iniciar a negociación das contas, isto é, o investimento previsto na Galiza volve situarse por riba dos mil millóns de euros. Un incremento de 29% a respecto de 2021. A Galiza iría 8,3% das partidas territorializadas no conxunto das comunidades autónomas, o que supón 2,6 puntos máis do que nos corresponde por poboación, un elemento indispensábel para corrixir déficits históricos.
Canto á Coruña, é positivo que se contemple por fin unha dotación para o acceso ferroviario ao Porto Exterior (3 millóns de euros dun investimento total previsto de máis de 175ME). Igualmente vemos con bos ollos a partida que se vai destinar ao corredor atlántico de mercadorías (223,6ME), imprescindíbel para a súa modernización.
2.-Mais, velaí as sombras, hai actuacións que teñen unha dotación francamente insuficiente e ausencias clamorosas.
Entre as omisións, e a expensas de facermos unha análise máis detallada, cumpre resaltar a non condonación da débeda do porto da Coruña (ou, no seu defecto, o investimento dunha cantidade equivalente no transformación da fachada marítima da cidade. A este respecto, cumpre lembrar que a condonación da débeda do porto de València –superior en contía á da Coruña- figura nos orzamentos do Estado actualmente vixentes. Tamén xulgamos como pouca significativa a partida encamiñada á modernización da liña ferroviaria A Coruña-Ferrol, fundamental para a vertebración do Golfo Ártabro.
A condonación da débeda do porto de València –superior en contía á da Coruña- figura nos orzamentos do Estado actualmente vixentes.
3.-O proxecto é iso, un proxecto. Pode e debe ser mellorado no trámite das emendas parciais. O compromiso do BNG é precisamente ese, o de negociar no Congreso a introdución de novas partidas que corrixan as deficiencias detectadas no proxecto.