bngcidadedacorunha.opennemas.com
29/mar./2017
Demandamos ao Goberno municipal que poña solucións definitivas enriba da mesa para evitar que 31 persoas que traballan nos museos científicos rematen na rúa
Non por advertido se actuou. Presentamos en novembro de 2015 unha moción onde xa explicabamos a situación do cadro de persoal e as intencións da empresa Samyl SL, cun contrato prorrogado desde 2014, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos laborais ás súas traballadoras e aos seus traballadores, e na que instabamos o Goberno municipal a rescatar o servizo de atención ao público. Esta iniciativa foi rexeitada cos únicos votos en contra da Marea Atlántica. Tamén en xaneiro de 2016 realizamos unha pregunta oral en Pleno sobre esa situación de vulneración dos dereitos fundamentais. E en agosto preguntamos cal ía ser a actuación do Executivo, dada a aquela altura, a inminente caducidade da prórroga. Contestóusenos coas ambigüidades e incertezas coas que se está a caracterizar este mandato e sen aportar solucións á situación que nós prevíamos. O resultado final é que o cadro de persoal estará na rúa a mediados de mes
Amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos o noso apoio á folga convocada e a nosa participación nas concentracións convocadas para as vindeiras datas