MUSEOS CIENTÍFICOS

Esta semana folga do cadro de persoal dos museos científicos

Vista exterior da Domus
Vista exterior da Domus

Trasladamos o noso apoio e solidariedade ás traballadoras e aos traballadores dos museos científicos e anunciamos a nosa participación nas mobilizacións que teñen previsto desenvolver durante esta semana

O Goberno municipal debe xa tomar unha decisión a respecto da súa relación coa empresa Samyl, condenada en reiteradas ocasións por vulneración dos dereitos fundamentais do seu cadro de persoal; é inadmisíbel que empresas deste tipo poidan continuar prestando servizos as administracións

Esta semana folga do cadro de persoal dos museos científicos

Vimos de comunicar o noso apoio e solidariedade para co cadro de persoal dos museos científicos e anunciamos a nosa participación nas distintas concentracións e mobilizacións que se teñen anunciado para esta semana,

En consecuencia, apoiaremos as dúas xornadas de folga convocadas para os días do 17 e do 18 de maio, este último Día Internacional dos Museos, así como xa anunciamos que participaremos tanto na concentración, que coincidindo coa folga do día 18, está convocada diante do Concello da Coruña, como na manifestación que ese mesmo día, e a partir das 20.00 h sairá da praza de Vigo e rematará na propia praza de María Pita.

Deste xeito, amosamos a nosa condena á actuación que vén mantendo a empresa Samyl SL para coas súas traballadoras e os seus traballadores, tendo en conta todos os antecedentes e toda a situación xerada no servizo de atención ao público que se presta nos museos coruñeses, advertida por primeira vez en en novembro de 2015, e despois de que a empresa presentara un segundo ERTE, logo de chegar a un acordo, no pasado mes de abril, co Concello da Coruña, para continuar prestando o servizo mentres non se producira á adxudicación a unha nova empresa, e considera que o Goberno municipal ten que tomar medidas contundentes contra esta.

O Goberno municipal debe xa tomar unha decisión a respecto da súa relación coa empresa Samyl, condenada en reiteradas ocasións por vulneración dos dereitos fundamentais do seu cadro de persoal; é inadmisíbel que empresas deste tipo poidan continuar prestando servizos as administracións.

A Coruña, a 15 de maio de 2017

 

Noticias relacionadas

Esta semana folga do cadro de persoal dos museos científicos