MUSEOS CIENTÍFICOS

O Goberno da Marea mandará á rúa ao cadro de persoal de atención ao público dos museos científicos

Vista exterior da Domus
Vista exterio da Domus

Denunciamos que a inacción do Goberno local vai provocar que as 25 persoas que traballan no Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos vaian á rúa sen dereito á subrogación polo que urximos que actúe de contado

Sinalamos que na Xunta de Goberno Local deste venes 10 de febreiro non se inclúe ningún punto na orde do día a respecto de ningún novo proceso de contratación do Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos, cuxo contrato actual rematará o vindeiro 14 de abril, e cuxo último proceso de licitación se declarou deserto o 13 de xaneiro

Temos que lembrar que en novembro de 2015, diante das numerosas condenas de vulneración dos dereitos fundamentais das traballadoras e dos traballadores deste servizo por parte da actual adxudicataria, pedimos a través dunha moción o rescate do servizo e a súa xestión directa e o Goberno Local rexeitouna pedíndolle mesura ao cadro de persoal cuxo emprego está agora máis que nunca en xogo

O Goberno da Marea mandará á rúa ao cadro de persoal de atención ao público dos museos científicos

Demandámoslle ao Goberno local que actúe de contado xa que a súa inacción vai provocar que as 25 persoas que traballan no Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos vaian á rúa sen dereito a subrogación xa que é a terceira vez que queda deserta a licitación e a empresa adxudicataria actual remata a prórroga do seu contrato o 14 de abril.

Sinalamos que na Xunta de Goberno Local de mañá non se inclúe ningún punto na orde do día a respecto de ningún novo proceso de contratación do Servizo de Atención ao Público, e cuxo último proceso de licitación se declarou deserto o 13 de xaneiro.

Tendo en conta os prazos de contratación, se mañá se se aprobasen os pregos para unha nova licitación esta xa tería que facerse mediante un procedemento abreviado para chegar a tempo o 14 de abril. Se non se aproban mañá os pregos, non haberá nova licitación nin nova adxudicataria co que as traballadoras e dos traballadores verán perigar o seu emprego: xa que se a empresa deixa de prestar o servizo nesa data, marcha co cadro de persoal que xa non poderá ser subrogado nun futuro.

20170209_mc2

Lembramos, tamén, as continuas iniciativas presentadas por nós no pleno instando ao Goberno local a actuar e tomar unha decisión a respecto do Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos: comezando pola moción debatida no pleno de novembro de 2015, diante das numerosas condenas de vulneración dos dereitos fundamentais das traballadoras e dos traballadores deste servizo por parte da actual adxudicataria, na que a organización nacionalista pedía o rescate do servizo e a súa xestión directa, que o Goberno Local rexeitou pedíndolle mesura ao cadro de persoal cuxo emprego está agora máis que nunca en xogo.

Outras iniciativas realizadas polas nacionalistas foron: unha pregunta oral no pleno de xaneiro de 2016, tamén sobre que tiña pensado facer o Goberno local a respecto do servizo logo de coñecer as múltiples sentenzas de vulneración dos dereitos fundamentais das traballadoras e dos traballadores, e varias preguntas escritas (cuxa contestación podes ver premendo aquí) no pleno de setembro de 2016.

A Coruña, 9 de febrero de 2015

O Goberno da Marea mandará á rúa ao cadro de persoal de atención ao público dos museos científicos