Novas
Mundial 2030
Novas
O Goberno Local renuncia ao mundial 2030: "A crónica dunha morte anunciada"
16/mar./2026
Para o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, a renuncia do Goberno Local ao mundial 2030 “é o desenlace lóxico” a un asunto “mal xestionado” desde o principio polo Executivo coruñés.
Vídeo
David Soto explica a posición do BNG sobre o mundial: "A cidade ten que ter un retorno positivo"
05/feb./2026
A Coruña é candidata ao mundial 2030. Mais o Goberno Local non ten sido nada transparente ao respecto. O PP ofreceulle un apoio incondicional. O BNG, non: queremos garantías de que a cidade vai gañar co mundial, cun retorno positivo do investimento.
Explícao o noso concelleiro David Soto.
Novas
Mundial 2030: a desinformación continúa
02/out./2025
Na quenda de preguntas ao Goberno Local deste #PlenoOutubro, o concelleiro do BNG David Soto inquiriu o Executivo coruñés sobre o proxecto para A Coruña ser unha das sedes do campionato mundial de fútbol masculino 2030.
Novas
No Pleno do 2O,o BNG tentará que o Goberno Local despexe algunha das incógnitas que pairan sobre o mundial 2030
30/set./2025
“Ten o Goberno Local algunha novidade para lle contar ás coruñesas e aos coruñeses en relación ao mundial 2030?”, así reza a pregunta oral que o noso concelleiro David Soto lle vai dirixir ao Goberno Local no Pleno do vindeiro xoves.
Vídeo
Jorquera, sobre o mundial: "O Goberno Local está a bater o seu récord de falta de transparencia"
08/set./2025
O Goberno Local, o goberno de Inés Rey, está a bater o seu propio récord de falta de transparencia -cousa que non era nada doada- en todo o que ten a ver co proxecto do mundial 2030.
Eis o que opina o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, ao respecto.
Novas
Jorquera empraza o Goberno Local a que se reúna cos grupos municipais para informar sobre o mundial 2030
22/out./2024
A proposta de reparto de cargas financeira feita en primeira instancia polo Goberno Local para a reforma do estadio de Riazor -40% a Xunta, 20% a Deputación, 30% unha sociedade de capital privado, 10% o Concello- está a bater coa posición manifestada polas outras administracións públicas concernidas.
Novas
Mundial 2030: Jorquera pídelle ao Goberno Local que esclareza o financiamento do proxecto
23/xul./2024
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, lamenta que o proxecto da Coruña como sede do mundial de fútbol masculino 2030 fose presentado, elaborado e anunciado “sen consensuar o seu contido cos grupos municipais, que coñecemos as características do proxecto unicamente a través dos medios de comunicación”.