Grupo de Barrio
Novas
Imaxe aérea do peirao de Oza desde o barrio dos Castros

Bota a andar o grupo de barrio do BNG da Gaiteira e os Castros

Afiliadas e afiliados do BNG que viven nos barrios da Gaiteira e Os Castros decidiron constituírse formalmente como Grupo de Barrio da organización nacionalista, creando unha estrutura organizativa estábel que se reunirá periodicamente para debater sobre asuntos de actualidade relacionados con estas zonas da Coruña e impulsar todo tipo de iniciativas políticas arredor deses asuntos.
Ler novas
Novas
Veciños do Barrio das Flores

A nosa militancia nesa área da cidade pide unha Oficina de Rehabilitación para o Barrio das Flores

O Plan Director do Barrio das Flores recibe unha valoración positiva por parte da militancia do BNG desa área da cidade. Con todo, os e as nacionalistas xulgan que, a piques de se facer dous anos da licitación do proxecto, é moita hora de que se comece a pasar dos anuncios aos feitos, sendo que polo momento, alén de recoller ideas e propostas, aínda non se destinou nin un só euro a actuacións que poidan mellorar a vida da veciñanza.
Ler novas