franco
Novas
20180112_franquismo_sen_franco

Franquismo sen Franco: a simboloxía franquista perdura nas rúas da Coruña. Preguntamos por que

Preguntamos para cando o Goberno da Marea Atlántica ten pensado retirar a simboloxía franquista das rúas da Coruña

Xa vai para ano e medio cando se tratou na Comisión de Honras e Distincións a proposta da retirada da que a día de hoxe non se ten noticia

Canto á eliminación da simboloxía franquista da cidade, o Goberno da Marea Atlántica limitouse á execución dun acordo aprobado polo Bipartito, intencionadamente adiado e agochado polo Partido Popular. Porén, agora cando toca ir máis aló e tomar a iniciativa o que vemos é que o proceso se alonga indefinidamente

Ler novas
Novas
Momento da toma simbólica da Casa Cornide realizada en setembro de 2017

Xa é tempo de lle devolver a Casa da Cornide á súa lexitima dona: A Coruña

Presentamos unha moción para o Pleno do vindeiro luns para que a Casa Cornide pase a formar parte do patrimonio público e non do dereito de sucesión da familia Franco

Solicitamos mediante esta iniciativa que o Pleno da Corporación Municipal inste tanto a Xunta de Galiza como ao Goberno do Estado a que a Casa Cornide se reintregre ao patrimonio público

O espolio da Casa Cornide está clara e debidamente documentado: existiu unha trama, na que interveu o Concello da Coruña, o Ministerio de Facenda, o Ministerio de Educación e a Casa Civil do Caudillo para enmascarar como poxa un auténtico espolio en beneficio de Carmen Polo que desexaba unha casa en plena Cidade Vella. E hora xa de que se devolva á cidade e se reintegre ao patrimonio de todas as coruñesas e de todos os coruñeses

Ler novas
Novas
momento da rolda de prensa desta mañá que contou coa participación de Laura Rodriguez, Responsábel Local de Sada, Vitoria Louro, Responsábel Comarcal e Avia Veira, Portavoz no Concello da Coruña

#OPazoÉdoPobo

Presentamos esta mañá diante da Casa Cornide a moción para a recuperación do Pazo de Meirás

Solicitamos na iniciativa, entre outras actuacións, que o Pleno declare a familia do Ditador e a Fundación Franco non gratas no Concello da Coruña, adherirse á proposta aprobada polo Pleno da corporación municipal de Sada a principios de agosto, apoiar a decisión de participar na Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás constituída a iniciativa da vicepresidencia da Deputación da Coruña e realizar un estudo da implicación do Concello para co beneficio lucrativo da Familia Franco

O Concello da Coruña debe amosar o seu rexeitamento a que o Pazo de Meirás continúe en mans da Familia Franco, por iso cremos moi acertada a iniciativa da Deputación da Coruña de creación da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás. Mais tamén debe realizar todas cantas actuacións sexan necesarias para investigar a implicación que tivo para co espolio e todas elas encamiñadas na restitución das vítimas forzosas e da memoria: por iso non é casual que presentemos esta moción diante da Casa Cornide xa que durante a ditadura houbo moitos «Pazos de Meirás»

Ler novas