"Hoxe temos unha nova Ith, Ana Pontón que representa esa nova Galiza, que se ergue e anda"
Ao pé da Torre de Hércules. Nese imponente espazo natural presentou este mércores o BNG a súa candidatura pola circunscrición coruñesa para o 12X. "Aquí, segundo a mitoloxía, Ith, filla de Breogán divisou Irlanda e encabeza a expedición até aquela illa. Galiza, érguete e anda, como en Irlanda, dicía Brañas e os vellos galeguistas. Hoxe temos unha nova Ith, Ana Pontón, que representa esa Nova Galiza, que se ergue e anda", dixo durante a súa intervención o portavoz do grupo municipal nacionalista, Francisco Jorquera.
Queixas denuncia a vulneración de dereitos das traballadoras afectadas polo incumprimento do Pacto de Contratración do Sergas
A candidata número 3 do BNG ao Parlamento da Galiza Mercedes Queixas mantivo esta mañá un encontro, na sede comarcal da formación nacionalista, con traballadoras da sanidade pública afectadas polo incumprimento do pacto de contratación ao que se comprometeu o SERGAS para facer fronte á pandemia da Covid-19.