O CONSELLO NACIONAL REVALIDA AS CANDIDATURAS PARA AS ELECCIÓNS GALEGAS

Mercedes Queixas, número 3 do BNG por A Coruña para o 12X

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
O Consello Nacional do BNG, nunha reunión telemática sen precedentes, decidiu este sábado revalidar as candidaturas coas que a formación soberanista concorrerá ás eleccións ao Parlamento de Galiza o próximo 12 de xullo. Son, por tanto, as mesmas listas coas que ía afrontar os comicios inicialmente previstos para o 5 de abril, cita electoral que ficou adiada pola crise do coronavirus. A nosa cidade estará representada por Mercedes Queixas, profesora, escritora e  correspondente da Real Academia Galega, e por Rubén Gasalla, membro da sección sindical da CIG en Inditex, números 3 e 23 da lista, respectivamente.
Mercedes Queixas, número 3 do BNG por A Coruña para o 12X

A comarca da Coruña tamén ten presenza na lista, co activista da memoria histórica Carlos Babío (Sada) no número 8 e con Antón Chouciño Garrido, concelleiro en Culleredo e técnico informático, como segundo suplente da candidatura.

Na conferencia de prensa en que deu a coñecer as candidaturas do BNG, a portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, dixo que a formación nacionalista afronta as eleccións do 12X co propósito de conseguir a mudanza que o país precisa para a súa reconstrución económica e social.

"O 12X temos a oportunidade de apostarmos por algo diferente, por vacinármonos fronte ás políticas do PP e do centralismo e por pór en marcha unha mudanza histórica nun momento histórico, que Galiza teña unha presidenta do BNG para un tempo novo", acrecentou.

Tedes toda a información sobre o CN na web nacional do BNG.

Mercedes Queixas, número 3 do BNG por A Coruña para o 12X