Novas
Jorquera, sobre as sucesivas crises de goberno en María Pita: "Gobernar con só 8 concelleiros foi unha decisión da alcaldesa"
11/xan./2023
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai abordar no Pleno de mañá xoves as sucesivas crises producidas no Goberno Local durante o mandato que expirará o próximo mes de maio. Farao a través dunha pregunta oral sobre a recente anulación por parte do TSXG do nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes e a asunción das competencias desta área por parte da alcaldesa.