Novas
O BNG xa alertara no seu día de que o concurso do Máster Plan restrinxía a participación de persoas expertas da cidade
16/set./2025
O 24 de xaneiro de 2025, o BNG abstívose na votación do esquema de licitación e as bases para a elaboración dos pregos que ían rexer a contratación do Máster Plan para a transformación do porto interior da Coruña, asunto que se someteu a debate na comisión Coruña Marítima, órgano no que participa o portavoz da formación nacionalista no Concello, Francisco Jorquera.