contratas
Novas
Vista exterior da Domus

Esta semana folga do cadro de persoal dos museos científicos

Trasladamos o noso apoio e solidariedade ás traballadoras e aos traballadores dos museos científicos e anunciamos a nosa participación nas mobilizacións que teñen previsto desenvolver durante esta semana

O Goberno municipal debe xa tomar unha decisión a respecto da súa relación coa empresa Samyl, condenada en reiteradas ocasións por vulneración dos dereitos fundamentais do seu cadro de persoal; é inadmisíbel que empresas deste tipo poidan continuar prestando servizos as administracións

Ler novas
Novas
Vista exterior da Domus

As traballadoras e traballadores de Samyl convocan folga

Consideramos inaceptábel que o Goberno municipal siga sen tomar medidas contundentes para coa empresa Samyl despois de se anunciar que o persoal dos museos científicos irá a folga en resposta á presentación dun segundo ERTE por parte da empresa

Dicir que chove sobre mollado é pouco. Máis tendo en conta que recentemente unha sentenza xudicial sobre salarios pola que foi sancionada Samyl supuxo unha condena que solidariamente tivo que asumir propio Concello da Coruña. Esiximos que o Executivo local actúe e tome as medidas que teña que tomar”

Ao igual que para as xornadas de paro e mobilización anunciadas para a Semana Santa que finalmente non se chegaron a realizar ao asinarse un acordo polo que a empresa se comprometía a continuar a dar o servizo, amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos xa o noso apoio a folga convocada e que participaremos das concentracións e mobilizacións

Ler novas
Novas
Momentos previos á reunión de Avia Veira coa representación do cadro de persoasl dos museos científicos

Hoxe estivemos coa representación do cadro de persoal dos museos científicos

Trasladamos o noso apoio ás traballadoras e aos traballadores dos museos científicos coruñeses

Mantivemos esta mañá unha reunión con representantes do cadro do persoal na que nos deron conta do seu calendario de mobilizacións

Urximos ao Goberno municipal a aportar unha solución xa. O vindeiro día 15 de abril 31 persoas estarán no paro se non se reverte a situación, malia que levabamos advertindo desta posibilidade desde novembro de 2015

Ler novas
Novas
Vista exterior da Domus

Esiximos solucións xa para o cadro de persoal dos museos científicos coruñeses

Demandamos ao Goberno municipal que poña solucións definitivas enriba da mesa para evitar que 31 persoas que traballan nos museos científicos rematen na rúa

Non por advertido se actuou. Presentamos en novembro de 2015 unha moción onde xa explicabamos a situación do cadro de persoal e as intencións da empresa Samyl SL, cun contrato prorrogado desde 2014, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos laborais ás súas traballadoras e aos seus traballadores, e na que instabamos o Goberno municipal a rescatar o servizo de atención ao público. Esta iniciativa foi rexeitada cos únicos votos en contra da Marea Atlántica. Tamén en xaneiro de 2016 realizamos unha pregunta oral en Pleno sobre esa situación de vulneración dos dereitos fundamentais. E en agosto preguntamos cal ía ser a actuación do Executivo, dada a aquela altura, a inminente caducidade da prórroga. Contestóusenos coas ambigüidades e incertezas coas que se está a caracterizar este mandato e sen aportar solucións á situación que nós prevíamos. O resultado final é que o cadro de persoal estará na rúa a mediados de mes

Amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos o noso apoio á folga convocada e a nosa participación nas concentracións convocadas para as vindeiras datas

Ler novas