MUSEOS CIENTÍFICOS

As traballadoras e traballadores de Samyl convocan folga

Vista exterior da Domus
Vista exterior da Domus

Consideramos inaceptábel que o Goberno municipal siga sen tomar medidas contundentes para coa empresa Samyl despois de se anunciar que o persoal dos museos científicos irá a folga en resposta á presentación dun segundo ERTE por parte da empresa

Dicir que chove sobre mollado é pouco. Máis tendo en conta que recentemente unha sentenza xudicial sobre salarios pola que foi sancionada Samyl supuxo unha condena que solidariamente tivo que asumir propio Concello da Coruña. Esiximos que o Executivo local actúe e tome as medidas que teña que tomar”

Ao igual que para as xornadas de paro e mobilización anunciadas para a Semana Santa que finalmente non se chegaron a realizar ao asinarse un acordo polo que a empresa se comprometía a continuar a dar o servizo, amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos xa o noso apoio a folga convocada e que participaremos das concentracións e mobilizacións

As traballadoras e traballadores de Samyl convocan folga

Despois de se anunciar que o persoal dos museos científicos irá a folga en resposta á presentación dun segundo ERTE por parte da empresa Samyl SL, consideramos inaceptábel que o Goberno municipal siga sen tomar medidas contundentes para con esta, sobre todo tendo en conta os antecedentes e situación continuada no tempo que están vivindo as traballadoras e traballadores dos museos científicos.

E é que temos que lembrar toda a situación xerada no servizo de atención ao público que se presta nos museos coruñeses, advertida por primeira vez en en novembro de 2015, tendo continuidade durante todo este tempo, mesmo “co aceno” da retirada dun primeiro ERTE logo de chegar a empresa a un acordo co Concello da Coruña, no pasado mes de abril, para continuar prestando o servizo mentres non se producira á adxudicación a unha nova empresa.

Momentos previos á reunión de Avia Veira coa representación do cadro de persoasl dos museos científicos

Dicir que chove sobre mollado é pouco. Presentamos en novembro de 2015 unha moción onde xa explicabamos a situación do cadro de persoal e as intencións da empresa Samyl, cun contrato prorrogado desde 2014, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos laborais ás súas traballadoras e aos seus traballadores, e na que instabamos o Goberno municipal a rescatar o servizo de atención ao público. Esta iniciativa foi rexeitada cos únicos votos en contra da Marea Atlántica.

Tamén en xaneiro de 2016 realizamos unha pregunta oral en Pleno sobre esa situación de vulneración dos dereitos fundamentais. E en agosto preguntamos cal ía ser a actuación do Executivo, dada a aquela altura, a inminente caducidade da prórroga que se produciu no mes pasado. Finalmente a empresa comprometeuse por escrito a manter o servizo mentres non houbera unha nova adxudicación.

Esiximos que o Goberno actúe, máis tendo en conta que recentemente unha sentenza xudicial sobre salarios pola que foi sancionada Samyl supuxo unha condena que solidariamente tivo que asumir o propio Concello da Coruña.

Por iso, e ao igual que para as xornadas de paro e mobilización anunciadas para a Semana Santa que finalmente non se chegaron a realizar ao asinarse un acordo polo que a empresa se comprometía a continuar a dar o servizo, amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos o noso apoio a folga convocada e que participarán das concentracións e mobilizacións

En consecuencia, apoiamos as dúas xornadas de folga convocadas para os días 17 e 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e para as xornadas de folga parcial convocadas previamente para os días 13 e 14 de maio, con paros de 11.30 h a 13.00 h e de 16.30 h a 18.30 h, e no horario de apertura dos tres museos, así como xa anunciamos que participaremos na concentración, que coincidindo coa folga do día 18, está convocada diante do Concello da Coruña de 11.30 h a 12.30 h e na manifestación ás 20.00 h, que sairá da praza de Vigo e rematará na propia praza de María Pita.

Asumimos plenamente a súas reivindicacións, esixindo do Goberno municipal que busque unha solución inmediata e que permita asegurar a continuidade e estabilidade no emprego, garantíndolle a subrogación e a permanencia no servizo, xa sexa por unha contrata nova ou por asunción directa do mesmo polo Concello”, conclúe a portavoz nacionalista Avia Veira.

A Coruña, a 5 de maio de 2017

 

Noticias relacionadas

 

 


As traballadoras e traballadores de Samyl convocan folga