Que vai facer o Goberno da Marea co servizo de socorrismo das nosas praias?
Preguntamos por escrito ao Goberno local se ten pensado rescindir o contrato á empresa adxudicataria do Servizo Municipal de Salvamento, Socorrismo, Vixilancia e Primeiros Auxilios nas Praias da Coruña logo de lle presentar por rexistro os múltiples incumprimentos detectados durante o seu servizo en 2016
Queremos saber se o Executivo local chegou nalgún momento a pedirlle explicacións a Move Servicios de Ocio y Deporte SL e, de non se rescindir o contrato, cales van ser as medidas de control que leve a cabo para que a empresa cumpra cos pregos
O pasado 31 de marzo presentabamos, por responsabilidade e vía rexistro municipal, un escrito dirixido á alcaldía onde detallabamos toda esta serie de incumprimentos, e polos que demandabamos que o Goberno municipal tomara unha decisión contundente, xa que logo entendíamos que o Executivo, en función desas achegas que nos aportabamos, actuaría en consecuencia e non permitirá que a empresa continuara xestionando o servizo durante 2017. Mais logo, despois de case dous meses, non houbo contestación e non sabemos cal será a decisión do Goberno e si permitirá que esta empresa sega realizando o servizo