SERVIZO DE SOCORRISMO

Que vai facer o Goberno da Marea co servizo de socorrismo das nosas praias?

Foto dun socorrista na praia do Orzán
Foto dun socorrista na praia do Orzán

Preguntamos por escrito ao Goberno local se ten pensado rescindir o contrato á empresa adxudicataria do Servizo Municipal de Salvamento, Socorrismo, Vixilancia e Primeiros Auxilios nas Praias da Coruña logo de lle presentar por rexistro os múltiples incumprimentos detectados durante o seu servizo en 2016

Queremos saber se o Executivo local chegou nalgún momento a pedirlle explicacións a Move Servicios de Ocio y Deporte SL e, de non se rescindir o contrato, cales van ser as medidas de control que leve a cabo para que a empresa cumpra cos pregos

O pasado 31 de marzo presentabamos, por responsabilidade e vía rexistro municipal, un escrito dirixido á alcaldía onde detallabamos toda esta serie de incumprimentos, e polos que demandabamos que o Goberno municipal tomara unha decisión contundente, xa que logo entendíamos que o Executivo, en función desas achegas que nos aportabamos, actuaría en consecuencia e non permitirá que a empresa continuara xestionando o servizo durante 2017. Mais logo, despois de case dous meses, non houbo contestación e non sabemos cal será a decisión do Goberno e si permitirá que esta empresa sega realizando o servizo

Que vai facer o Goberno da Marea co servizo de socorrismo das nosas praias?

Vimos de presentar unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito (podes velas premendo aquí) a respecto da continuidade no Servizo Municipal de Salvamento, Socorrismo, Vixilancia e Primeiros Auxilios nas Praias da Coruña da que é adxudicataria a empresa Move Servicios de Ocio y Deporte SL.

Lembramos que con data de 31 de marzo de 2017 presentamos un escrito onde detallabamos toda unha serie de incumprimentos realizados por esta empresa durante o 2016, realizando unha rolda de prensa denunciando todas esas actuacións.

Un dos momentos da rolda de prensa ofrecida esta mañá pola nosa concelleira Avia Veira

Entre outros, destacábanse incumprimentos contrastados en materia de xornada laboral xa que logo a Inspección de Traballo iniciara actuacións inspectoras en setembro do ano pasado e polos que esta procedeu regulamentariamente, ou mesmo tamén incumprimentos a respecto do número concreto de persoas nas praias prestando o servizo xa que logo a empresa tiña traballando nos areais só ao persoal mínimo que recollen os pregos, constantádose isto a través do cuadrante de persoal que a propia empresa elaborara.

Tamén no escrito que achegamos a alcaldía denunciabamos a contratación de socorristas sen experiencia que obtiveran a titulación moi pouco tempo antes da selección de persoal cando nos pregos técnicos se estabelecían que o persoal debía ter experiencia en socorrismo acuático, ou que os patróns non tiñan a titulación requirida pola Dirección Xeral da Mariña Mercante para o manexo das embarcacións das que dispoñía o servizo.

Acceso á praia do Matadoiro

Así, queremos saber a través da nosa iniciativa, e dada a gravidade dos feitos, se o Executivo local ten pensado rescindir este contrato, se chegou nalgún momento a pedirlle explicacións a Move Servicios de Ocio y Deporte SL sobre todos estes incumprimentos que realizou durante o 2016 e, de non se rescindir o contrato, cales van ser as medidas de control que leve a cabo para que a empresa cumpra cos pregos.

Presentabamos o pasado 31 de marzo, por responsabilidade e vía rexistro municipal, un escrito dirixido á alcaldía onde detallabamos toda esta serie de incumprimentos, e polos que demandabamos que o Goberno municipal tomara unha decisión contundente, xa que logo entendíamos que o Executivo, en función desas achegas que nos aportabamos, actuaría en consecuencia e non permitirá que a empresa continuara xestionando o servizo durante 2017. Mais logo, despois de case dous meses, non houbo contestación e non sabemos cal será a decisión do Goberno e si permitirá neste 2017 que esta empresa sega realizando o servizo”, conclúe Avia Veira.

A Coruña, a 19 de maio de 2017

 

Artigos relacionados:

Que vai facer o Goberno da Marea co servizo de socorrismo das nosas praias?