Novas
Consello da Memoria Democrática: o BNG denuncia a "falta de impulso" do Goberno Local nesta materia
17/nov./2021
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, denunciou a “falta de impulso” do Goberno Local no que ten a ver coas políticas de memoria histórica. Fíxoo na súa intervención durante a reunión do Consello da Memoria Democrática, que este mércores 17N volveu á actividade dous anos despois da súa última xuntanza. A razón dunha paréntese tan longa, o nulo interese do Goberno Local na súa convocatoria.