Os orzamentos pantasmas que se “aprobarán” a semana que vén
A Marea deunos a calada por resposta cando o 1 de decembro solicitamos por correo electrónico unha copia dos orzamentos de 2018 para poder estudar con tempo a proposta do Goberno Local e remitir as nosas propias achegas
Como levamos facendo desde principio de mandato quixemos transmitirlle desde o BNG todas aquelas achegas que nós vísemos oportunas, xa que logo, estivemos procedendo a elaboración dun documento, propositivo e en positivo, con todas aquelas cuestións que nos están demandando diversas entidades e asociacións da nosa cidade, así como daquelas actuacións que nós consideramos prioritarias na acción política municipal. Se o Executivo da Marea entende que ese é o xeito de traballar cos grupos da oposición logo non pode andar laiándose de que non atopa os apoios necesarios para as súas propostas porque, para o caso do BNG, non as coñecemos e non se nos facilita o labor de coñecelas