CONCELLO DA CORUÑA

Doutra volta vólvesenos dar a razón: o TSXG confirma o que denunciábamos en 2014

Vista exterior do Palacio Municipal de María Pita
Vista exterior do Palacio Municipal de María Pita

Xa advertiamos en 2014 que o nomeamento das xefaturas de servizo por libre designación que levaba a cabo a aquela altura o Goberno do Sr. Negreira era ilegal e agora confírmouno o TSXG

Sinalabamos daquela que o obxectivo do Goberno Local era poñer o Concello da Coruña ao servizo do Partido Popular

Preguntámonos que vai facer agora a Marea Atlántica: se vai presentar o recurso de casación e polo tanto amparar a ilegalidade da designación de xefes e xefas de servizo provenientes de administracións alleas ao Concello, aumentando o cadro de persoal de xeito irregular ou se vai a actuar de xeito inmediato e vai aplicar a sentenza

Doutra volta vólvesenos dar a razón: o TSXG confirma o que denunciábamos en 2014

Diante da sentenza do TSXG que hoxe ven publicada en distintos medios de comunicación e pola que se anula o nomeamento de altos cargos durante o mandato do Partido Popular, sinalamos, e como xa ten acontecido noutras ocasións, que as nosas advertencias, precisamente no momento no que se facían os nomeamentos, estaban fundamentadas e respondían ao interese do Goberno do sr. Negreira de “colocar pola porta de atrás” a persoal da súa confianza, cun incremento do cadro de persoal e do capítulo I, e polo tanto aumento do gasto, con persoas afíns de fora do propio Concello da Coruña.

Neste sentido, advertíamos naquela altura, que o obxectivo principal era poñer ao servizo do Partido Popular ao Concello da Coruña e sinalan que quedou en evidencia a falta de xustificación para o nomeamento de todas estas xefaturas que designou o PP.

Mais tamén, diante desta sentenza, preguntamonos cal vai ser agora a decisión que o Goberno municipal vai tomar ao respecto, xa que logo cabe interpor recurso de casación e polo tanto amparar a ilegalidade da designación de xefes e xefas de servizo que realizou o Partido Popular.

Con todo, queremos que o Executivo local aclare publicamente se vai presentar o recurso de casación e polo tanto amparar a ilegalidade da designación de xefes e xefas de servizo provenientes de administracións alleas ao Concello, aumentando o cadro de persoal de xeito irregular ou se vai a actuar de xeito inmediato e vai aplicar a sentenza.

Por último, queremos amosar tamén a nosa preocupación polo que as chamamos “sintomas evidentes” de que ese modus operandi introducido polo Partido Popular segue a producirse, xa que logo o nomeamento de persoas durante o mandato actual e moi parecido ao estar a nomearse xente de fora do propio Concello para as distintas areas de goberno.

A Coruña, 03 de marzo de 2017

Doutra volta vólvesenos dar a razón: o TSXG confirma o que denunciábamos en 2014