Candidatura do BNG
Novas
Candidatura BNG ao completo

Fotografía de grupo da candidatura na Coiraza do Orzán

A candidatura do BNG para as eleccións municipais do 28 de maio, rexistrada o pasado xoves diante da Xunta Electoral, configura “o equipo que está chamado a protagonizar o cambio de rumbo que a cidade precisa”, afirma o candidato do Bloque á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera. Após o rexistro da lista, os 27 candidatxs da formación nacionalista reuníronse na Coiraza do Orzán para protagonizaren unha fotografía de grupo.
Ler novas
Novas
20230222_110212

Un equipo para impulsar A Coruña, chamado a gobernar a cidade

Un equipo para lle dar á Coruña o impulso que a cidade precisa. Para A Coruña desenvolver toda a súa potencialidade. Para a enorme forza que ten esta cidade achar no Goberno Local un aliado. Iso é o que presentou esta mañá ante os medios quen lidera ese equipo, o noso candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera.
Ler novas