"É O EQUIPO CHAMADO A PROTAGONIZAR O CAMBIO DE RUMBO QUE A CORUÑA PRECISA", PROCLAMA JORQUERA
Fotografía de grupo da candidatura na Coiraza do Orzán
“Concorremos a estas eleccións, cun triplo aval: o traballo feito durante o mandato en María Pita, a experiencia exitosa dos distintos gobernos municipais do BNG –de Pontevedra a Carballo- e unha candidatura caracterizada tanto pola súa solidez e solvencia como polo seu amor, a súa paixón pola Coruña”, destaca.
Jorquera remarca que a do BNG “é unha candidatura que se caracteriza pola presenza de moitas persoas novas e preparadas. Porque aspiramos a unha Coruña capaz de reter o talento e na que a mocidade poida vivir e realizar o seu proxecto vita. É unha lista con persoas de perfil profesional variado: traballadores, profesionais, xestores empresariais…”.
E é tamén unha candidatura moi representativa da cidade de barrio que somos e, por tanto, inclúe ”persoas implicadas nos movementos sociais e no tecido asociativo. Veciñas e veciños dos distintos barrios da cidade”, salienta Jorquera.
En definitiva, é “unha candidatura preparada para gobernar esta cidade, para o facer en diálogo permanente coa veciñanza e co obxectivo de que A Coruña desenvolva todo o seu enorme potencial, económico, social, cultural...”.
“O 28 de maio as coruñesas e os coruñeses elixirán basicamente entre tres opcións: ou catro anos máis do mesmo co PSOE ou o retorno ao pasado do PP ou o cambio de rumbo que representa o BNG para lle dar á Coruña o impulso que a nosa cidade precisa”, conclúe Jorquera.
Candidatura do BNG da Coruña para as eleccións municipais do 28M
1. Francisco Jorquera Caselas
2. Avia Veira González
3. Mercedes Queixas Zas
4. David Soto Díaz
5. Ignacio Siota Mouzo
6. Guadalupe Martínez Junquera
7. Jorge Castro Ruso
8. María Seijo García
9. Raimundo Martínez Fraga
10. Carlos Varela Souto
11. Celia Armas García
12. Manuel Francisco Méndez López
13. Keina Espiñeira González
14. Iria Buxán Raposo
15. Fiz Seixo Vázquez
16. Rocío Gómez Lema
17. Iago Pazos Díaz
18. Belén Gallart Concheiro
19. Xabier Pérez Couto
20. Pablo Méndez Carreira
21. Teresa Ramiro Fernández
22. Manuel Bouzón Vila
23. Nicolás Neira Rivera
24. Beatriz Gómez Amigo
25. Jorge González Fernández
26. Teresa Castro Ferreiro
27. Xosé Luís Armesto Barbeito
SUPLENTES
1. Beatriz Maceda Abeleira
2. Miguel Pernas Cora
3. Andrea Ramos Queixas
4. Xosé María Calatayud Sánchez
5. Marisol Mirás Mouro
6. Eduardo Freire Bargados
7. María Gutiérrez Calvete
8. Paulo Carballada Rodríguez.