banco-pastor
Novas
Edificio do Banco Pastor no Cantón pequeno

O drama do Banco Pastor: o Banco Santander eliminará 500 postos de traballo na cidade da Coruña

Xa avanzamos o noso apoio ás mobilizacións anunciadas como protesta aos dous expedientes de despedimento colectivo formulados para o antigo Banco Popular-Pastor

En xuño presentamos en Pleno unha moción, que finalmente foi desprovista de contido e desvirtuada por unha emenda do PP apoiada polo PSOE, na que advertíamos da previsíbel actuación do Banco Santander e das consecuencias que tería para a cidade a merca por un euro do Banco Popular-Pastor

O impacto na cidade do proceso anunciado polo Banco Santander alcanza á destrución de 500 postos de traballo directos do antigo Banco Pastor, entre a sede central do Cantón e o centro de Orillamar, que serán efectivos a partir de xaneiro. É indecente e inasumíbel, polo que chamamos á veciñanza a apoiar canta mobilización sexa convocada polas traballadoras e polos traballadores. A primeira, a semana que vén, o martes 14, ás 11.30 h diante da oficina central do Banco Pastor do Cantón Pequeno

Ler novas
Novas
Edificio do Banco Pastor no Cantón pequeno

O Concello e a Xunta deben defender á clientela minorista e ao cadro de persoal do Banco Pastor

Presentamos unha moción para que tanto o Concello da Coruña como a Xunta de Galiza defendan os intereses das e dos clientes e accionistas minoristas e o cadro de persoal que proveñen do Banco Pastor afectados pola merca do Banco Popular

Solicitamos na iniciativa, entre outras medidas, instar á Xunta que reivindique o mantemento da entidade Banco Pastor e que siga tributando como tal en Galiza, e que o Parlamento de Galiza cre unha Comisión na que se abran, entre outras, unha investigación das diferentes actuacións e responsabilidades do cadro directivo, os organismos supervisores e dos gobernos galego e central que desencadearon na liquidación do Banco Pastor

A nosa moción tamén recolle instar o Parlamento de Galiza a preservar todas as actividades que realiza hoxe en día a Fundación Pedro Barrié de la Maza, unha das máis antigas do Estado español, así como conservar todo o seu patrimonio artístico e cultural evitando o seu espolio e marcha de Galiza. A merca do Banco Santander do Banco Popular pon en perigo de xeito evidente as súas actividades e postos de traballo entre as que nos preocupa especialmente o centro situado na rúa Orillamar da nosa cidade

Ler novas