BANCO PASTOR

O drama do Banco Pastor: o Banco Santander eliminará 500 postos de traballo na cidade da Coruña

Edificio do Banco Pastor no Cantón pequeno
Edificio do Banco Pastor no Cantón pequeno

Xa avanzamos o noso apoio ás mobilizacións anunciadas como protesta aos dous expedientes de despedimento colectivo formulados para o antigo Banco Popular-Pastor

En xuño presentamos en Pleno unha moción, que finalmente foi desprovista de contido e desvirtuada por unha emenda do PP apoiada polo PSOE, na que advertíamos da previsíbel actuación do Banco Santander e das consecuencias que tería para a cidade a merca por un euro do Banco Popular-Pastor

O impacto na cidade do proceso anunciado polo Banco Santander alcanza á destrución de 500 postos de traballo directos do antigo Banco Pastor, entre a sede central do Cantón e o centro de Orillamar, que serán efectivos a partir de xaneiro. É indecente e inasumíbel, polo que chamamos á veciñanza a apoiar canta mobilización sexa convocada polas traballadoras e polos traballadores. A primeira, a semana que vén, o martes 14, ás 11.30 h diante da oficina central do Banco Pastor do Cantón Pequeno

O drama do Banco Pastor: o Banco Santander eliminará 500 postos de traballo na cidade da Coruña

Vimos de avanzar esta mañá o noso apoio ás mobilizacións anunciadas como protesta aos dous expedientes de despedimento formulados para o antigo Banco Popular-Pastor.

Diante do anuncio do Banco Santander do comezo do período de consultas de sendos expedientes de despedimento colectivo, un organizativo e outro económico, que suporán, segundo fontes da propia dirección do banco, unha afectación, entre despedimentos, 1.600 aproximadamente, e recolocacións, 600, tamén de xeito aproximado, no conxunto Santander-Popular-Pastor, denunciamos que está decisión empresarial só ten unha orixe, a tempo que fundamento: a cadea de decisións políticas e erros na supervisión que comezaron co deseño do rescate financeiro no Estado español e o proceso de centralización do propio sistema financeiro impulsado desde o Goberno Central, aglutinando nun feixe de entidades, entre elas o Banco Santander, o control económico-financeiro do Estado.

Neste sentido, consideramos que este proceso de centralización ten un claro impacto sobre o emprego a nivel galego, contrastado e evidenciado agora coa situación que se vai dar para coas traballadoras e cos traballadores do antigo Banco Pastor, e para os postos de traballo na nosa cidade, algo que xa advertiamos en xuño na moción que presentaron precisamente en Pleno para a defensa deses postos de traballo, aos poucos días de se coñecer a merca por tan so un euro do Banco Popular-Pastor.

A aquela altura, a nosa moción xa prevía da previsíbel actuación do Banco Santander e das consecuencias que tería para A Coruña a merca por un euro do Banco Popular-Pastor. Lembramos, sen embargo, que os acordos foron desprovistos de contido e a nosa moción totalmente desvirtuada por unha emenda do PP apoiada polo PSOE, amosándose agora que o impacto que a merca vai ter para a cidade será desastroso e tráxico.

Neste contexto, facemos un chamamento a veciñanza da Coruña a participar das mobilizacións que a representación das traballadoras e traballadores convoquen, de aquí en adiante, en protesta pola execución destes expedientes e en defensa dos postos de traballo.

O impacto na cidade do proceso anunciado polo Banco Santander alcanza á destrución de 500 postos de traballo directos do antigo Banco Pastor, entre a sede central do Cantón e o centro de Orillamar, que serán efectivos a partir de xaneiro. É indecente e inasumíbel, polo que chamamos á veciñanza a apoiar canta mobilización sexa convocada polas traballadoras e polos traballadores. A primeira, a semana que vén, o martes 14, ás 11.30 h diante da oficina central do Banco Pastor do Cantón Pequeno.

A Coruña, 9 de novembro de 2017.

 

Noticias relacionadas:

O drama do Banco Pastor: o Banco Santander eliminará 500 postos de traballo na cidade da Coruña