Novas
A Asemblea elixe por unanimidade o novo Consello, con Ignacio Siota como responsábel local reelecto
23/xan./2025
Este mércores, unha moi participativa Asemblea Local do BNG elixiu por unanimidade a listaxe de catorce persoas que van conformar o novo Consello Local da formación nacionalista na cidade. A candidatura volve estar encabezada como responsábel local por Ignacio Siota.