A Asemblea elixe por unanimidade o novo Consello, con Ignacio Siota como responsábel local reelecto

“Como no resto do país, o BNG está en alza na cidade e constitúese como unha clara alternativa de goberno”, afirma Siota, coruñés de 31 anos e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía,, quen estará acompañado no Consello Local por Keina Espiñeira, Jorge Castro, Guadalupe Martínez, Xabier Pérez Couto, Andrea Ramos, Raimundo Martínez, Mercedes Queixas, Francisco Jorquera, Isabel Risco, Fran Rei, Avia Veira, Isidro Daviña e David Soto.

A estes membros electos pola Asemblea Local vaise unir a persoa que designe a organización coruñesa de Galiza Nova.
Con esta elección fica completo na cidade o proceso de renovación de órganos aberto pola Asemblea Nacional do BNG que o pasado 1 de decembro reelixiu Ana Pontón como líder da organización.