ana-miranda
Novas
Mariscadoras

Parabéns ás mariscadoras da Ría do Burgo: a loita dá froitos

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, a deputada no Parlamento Galego, Mercedes Queixas, e o portavoz municipal do Bloque na Coruña, Francisco Jorquera, trasladaron ás mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo a satisfacción do Bloque por que a súa loita desde hai 14 anos dea os seus froitos: a ría vai ser dragada e o colectivo vai cobrar as compensacións polo cesamento da súa actividade mentres duren as obras. “É un exemplo de loita ambiental e económica para outros casos de rías que aínda non están saneadas”, destacou Ana Miranda.
Ler novas
Novas
IMG-20201218-WA0004

BNG e mariscadoras envían nova información á UE sobre o retraso inxustificado no saneamento da Ría

O BNG e a Confraría de Pescadores da Coruña, na que se integran as agrupación de mariscadoras e mariscadores, trasladaron á Comisión Europea os novos retrasos sobre o saneamento integral da Ría do Burgo, xa que o proxecto de rexeneración deste espazo aínda non está publicado no BOE. Esta información incorpórase á denuncia aberta na Comisión de Peticións presentada pola Confraría da Coruña en 2012 e despois de que unha misión de investigación integrada por eurodeputadas e eurodeputados viaxou á Ría do Burgo para coñecer in situ o grao de contaminación existente e a cantidade de lodos acumulados durante anos.
Ler novas
Novas
mitin 1

Unha Ría nova, nunha nova Galiza

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a número 3 da candidatura nacionalista ao Parlamento galego,candidata Mercedes Queixas, subliñaron no serán deste luns 6 de xullo que o saneamento integral da Ría do Burgo será unha prioridade do goberno do cambio galego que vai liderar Ana Pontón.  “Hai case medio ano que a Comisión Europea dispón do 80% por cento de saneamento necesario para acometer o saneamento integral desta ría”, salientou Miranda, quen lembrou que eses fondos suman 36 millóns de euros dos 45 millóns totais da actuación.
Ler novas
Novas
Miranda ría do Burgo 2

Grazas á presión das mariscadoras e ao labor do BNG en Europa, a rexeneración da Ría do Burgo está máis perto

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, salientou hoxe que a Comisión Europea está disposta a financiar o 80% do saneamento integral da ría do Burgo, chegando aos 36 millóns de euros dos 45 millóns totais que pode costa. “Trátase dunha boa nova, pese ra que chega tarde polo desleixo dos sucesivos gobernos do PP e PSOE xa que esta actuación tiña que estar feita no 2013”, considerou durante a visita que realizou á beira da Ría xunto aos voceiros municipais da Coruña, Culleredo e Oleiros —Francisco Jorquera, Tono Chouciño e Fran Rei—, a concelleira da Coruña Avia Veira e o edil de Cambre Brais Cubeiro.

 

Ler novas
Novas
20191105_195207

"A única maneira de estarmos no Congreso como galegas e galegos é votando BNG"

"A cuestión non é sermos ou non sermos galegas e galegos. A cuestión é exercermos como tales e está claro que estes anos os deputados galegos das forzas estatais en Madrid non actuaron como galegas e galegos", dixo na súa intervención no mitin de Monte Alto a concelleira do BNG Avia Veira, nun acto político no que interviñeron tamén o candidato ao Congreso Xosé Iglesias e a eurodeputada do BNG Ana Miranda.
Ler novas
Novas
Visita de Ana Miranda á ría do Burgo o 25 de maio de 2017

Presentada xa a primeira iniciativa despois da visita da semana pasada de Ana Miranda á Ría do Burgo

Presentamos xa no Parlamento europeo unha iniciativa para lle esixir ao Goberno do Estado os investimentos necesarios para a rexeneración e dragado de lodos da Ría do Burgo

Despois da visita na semana pasada de Ana Miranda, a nosa representante en Europa, ao mesmo lugar onde a Comisión europea realizou a propia en 2013, e despois de comprobar que a contaminación da Ría do Burgo e que o nivel de lodos presenta as mesmas medicións que naquel momento, instamos á Comisión europea a realizar as accións necesarias para que se dote de fondos para o saneamento da nosa Ría

Tal e como adiantabamos a semana pasada, contemplamos seriamente presentar unha nova denuncia nas instancias europeas pola inexecución das resolucións do informe de 2013

Ler novas
Novas
Unha das medicións de lodos realizadas está mañá por Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento europeo, e Manuel Baldomir, presidente da agrupación de mariscadores

Catro anos despois todo segue igual na Ría do Burgo: denunciaremos no Parlamento europeo a inacción do Estado

O Estado Español para recortar ben que cumpre as directrices europeas, mais para cumprir con políticas que son boas para xente, e para a comarca da Coruña, para que a Ría do Burgo xere actividade económica, cree emprego, para potenciala como eixo produtivo, está desaparecido

Hoxe volvimos ao mesmo lugar onde a Comisión de Peticións realizou en 2013 a comprobación in situ da contaminación da Ría do Burgo para facer revisión do seu informe emitido naquela altura e no que se instaba ao Goberno do Estado a investir os fondos económicos necesarios e a non escatimar esforzos para limpala de xeito urxente, a rexenerala e a retirar así como tratar os lodos

Xa anunciamos que nos dirixiremos de novo á Comisión de Peticións para lle solicitar unha revisión dese informe e que presentaremos iniciativas dirixidas á Comisión Europea a través do Parlamento Europeo para que o Estado Español dea conta dos seus propios incumprimentos

A nosa portavoz en Europa, Ana Miranda, tamén avanzou que contemplan seriamente presentar unha nova denuncia nas instancias europeas pola inexecución das resolucións do informe de 2013

É moi triste comprobar, como fixemos hoxe coa medición dos lodos, que seguen tendo o mesmo nivel que naquel día de principios de 2013 e como non se realizou ningunha das actuacións que no informe se instaban a facer. Para o BNG a Ría do Burgo é unha prioridade e parécenos unha vergoña tanto as asignacións que ano tras ano se introducen nos orzamentos do estado como a non execución das mesmas, tal como denunciou hai pouco máis dun mes a nosa portavoz nacional Ana Pontón

Ler novas
Vídeo
Visita de Ana Miranda á ría do Burgo o 25 de maio de 2017

Visita de Ana Miranda á ría do Burgo o 25 de maio de 2017

Visita da deputada no Parlamento europeu polo BNG, Ana Miranda, á Ría do Burgo para facer revisión das actuacións recollidas no Informe da Comisión de Peticións europea no que se instaba ao Goberno do Estado a a investir os fondos económicos necesarios e a non escatimar esforzos para limpala de xeito urxente, a rexenerala e a retirar así como tratar os lodos.
Ler novas