RÍA DO BURGO

Catro anos despois todo segue igual na Ría do Burgo: denunciaremos no Parlamento europeo a inacción do Estado

O Estado Español para recortar ben que cumpre as directrices europeas, mais para cumprir con políticas que son boas para xente, e para a comarca da Coruña, para que a Ría do Burgo xere actividade económica, cree emprego, para potenciala como eixo produtivo, está desaparecido

Hoxe volvimos ao mesmo lugar onde a Comisión de Peticións realizou en 2013 a comprobación in situ da contaminación da Ría do Burgo para facer revisión do seu informe emitido naquela altura e no que se instaba ao Goberno do Estado a investir os fondos económicos necesarios e a non escatimar esforzos para limpala de xeito urxente, a rexenerala e a retirar así como tratar os lodos

Xa anunciamos que nos dirixiremos de novo á Comisión de Peticións para lle solicitar unha revisión dese informe e que presentaremos iniciativas dirixidas á Comisión Europea a través do Parlamento Europeo para que o Estado Español dea conta dos seus propios incumprimentos

A nosa portavoz en Europa, Ana Miranda, tamén avanzou que contemplan seriamente presentar unha nova denuncia nas instancias europeas pola inexecución das resolucións do informe de 2013

É moi triste comprobar, como fixemos hoxe coa medición dos lodos, que seguen tendo o mesmo nivel que naquel día de principios de 2013 e como non se realizou ningunha das actuacións que no informe se instaban a facer. Para o BNG a Ría do Burgo é unha prioridade e parécenos unha vergoña tanto as asignacións que ano tras ano se introducen nos orzamentos do estado como a non execución das mesmas, tal como denunciou hai pouco máis dun mes a nosa portavoz nacional Ana Pontón

Catro anos despois todo segue igual na Ría do Burgo: denunciaremos no Parlamento europeo a inacción do Estado

Esta mañá realizamos unha visita á mesma zona onde hai catro anos a Comisión de Peticións facía unha comprobación in situ da contaminación e dos lodos que existían, a aquela altura, na Ría do Burgo.

Na mesma, e acompañados pola nosa representante no Parlamento europeo Ana Miranda, puidemos comprobar, por medio dunha medición, como os lodos existentes na zona seguen exactamente igual e presentan os mesmos niveis que a principios de 2013,polo que denunciamos que o Goberno do Estado Español, ao longo deste tempo, non executou ningunha das actuacións que se lle instaban a facer no informe elaborado co gallo daquela visita.

A medición superou no pantalán do Temple o 1,70 m de lodos na ría

Deste xeito, a propia Ana Miranda sinalou aos medios presentes nesta medición, que durante todos estes anos o BNG presentou anualmente preguntas á Comisión Europea para saber se existía orzamento para a actuación na Ría do Burgo e que, a esta altura, cumpría facer revisión das encomendas que ese informe da Comisión de Peticións de 2013 trasladaba ao Estado Español.

Así, Ana Miranda lembrou que naquel informe se instaba de xeito urxente aos gobernos do Estado e da Xunta o investir os fondos económicos necesarios e a non escatimar esforzos para limpar a Ría do Burgo así como a elaborar un plan de saneamento integral e de dragado da mesma, algo que non chegou a realizarse en todo este tempo, e valorando a situación como vergoñenta.

O Estado Español para recortar ben que cumpre as directrices europeas, mais para cumprir con políticas que son boas para xente, e para a comarca da Coruña, para que a Ría do Burgo xere actividade económica, cree emprego, para potenciala como eixo produtivo, e mais para rexenerar a zona ambientamente, está desaparecido.

Con todo, xa anunciamos que nos dirixiremos de novo á Comisión de Peticións para lle solicitar unha revisión dese informe, e que presentaremos iniciativas dirixidas á Comisión Europea a través do Parlamento Europeo para que o Estado Español dea conta dos seus propios incumprimentos.

Así mesmo, Ana avanzou que contemplamos moi seriamente a posibilidade de presentar unha nova denuncia nas instancias europeas pola inexecución dos acordos do informe de 2013.

Un dos momentos da rolda de prensa posterior á medición dos lodos

E é que fai falla lembrar que esta é a enésima denuncia que realizamos da inacción do Goberno do Estado xa que logo hai apenas un mes a nosa portavoz nacional Ana Pontón  mantivo un encontro coa Asociación de mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo tras coñecerse un novo incumprimento do Estado ao destinarse unha partida de tan só un millón de euros nos orzamentos xerais de 2017 o que supón na práctica volver aprazar este necesario dragado de lodos para a recuperación integral da nosa ría.

Neste sentido, a nosa portavoz municipal, Avia Veira, que participou xunto con Ana na medición dos lodos, lembrou que para a formación nacionalista a recuperación da Ría do Burgo é unha das súas prioridades programáticas polo que todo o que ten haber coa súa rexeneración forma parte do seu traballo diario.  

É moi triste comprobar, como fixemos hoxe coa medición dos lodos, que seguen tendo o mesmo nivel que naquel día de principios de 2013 e como non se realizou ningunha das actuacións que no informe se instaban a facer. Para o BNG a Ría do Burgo é unha prioridade e parécenos unha vergoña tanto as asignacións que ano tras ano se introducen nos orzamentos do estado así como a non execución destas mesmas partidas, tal como advertía hai pouco máis dun mes a nosa portavoz nacional Ana Pontón.

A Coruña, 25 de maio de 2017

 

Noticias relacionadas:

Catro anos despois todo segue igual na Ría do Burgo: denunciaremos no Parlamento europeo a inacción do Estado