Novas
pleno xuño

O Pleno de xuño aproba as tres mocións do BNG

O pleno ordinario do Concello da Coruña deu luz verde este xoves ás tres mocións formuladas polo grupo municipal do BNG que pivotaban sobre medidas de protección para o sector do mar, normalización lingüística e necesaria planificación por parte da Xunta do vindeiro curso académico.
Ler novas
BNG A CORUÑA

"A Feixóo preocúpalle máis o retorno das verbenas que a planificación da volta ás aulas"

A concelleira do BNG Avia Veira vai defender, no Pleno deste xoves 4X, unha moción a través da cal a Corporación municipal insta a Consellaría de Educación a que planifique xa o próximo curso académico e que o faga con todas as garantías sanitarias, contemplando todos os escenarios (desde o ensino presencial até a docencia on line), contratando máis profesorado e coa diminución da fenda dixital como obxectivo.

Ler novas
Avia na Comisión de Educación e Cultura

O Goberno Local debe impulsar a Feira do Libro e estudar unha ubicación alternativa para garantir as distancias de seguridade

A concelleira do BNG Avia Veira demandou este martes ao Goberno Local que dea un impulso á Feira do Libro, con axudas ás libreiras da cidade para participaren neste evento, e pediu tamén que se estude por parte do executivo coruñés unha ubicación alternativa para acoller o recinto ferial co obxectivo de garantir as distancias de seguridade como medida de prevención da Covid-19.
Ler novas
20200302_114809

Unha moción para o Concello se comprometer co galego e para que inste a Xunta a que mude de política lingüística

O grupo municipal do BNG presentou unha moción para o Concello se implicar activamente na normalización do galego, a impulsar campañas para a súa promoción entre a infancia e a mocidade, e á vez para que o Goberno Local inste a Xunta a que poña en marcha políticas tendentes a lograr a recuperación de persoas galegofalantes.

Ler novas
IMG_20200528_122301

'Mini' pide a nacionalización de Alu Ibérica e unha investigación da súa venda ao Grupo Riesgo

O número 2 da candidatura do BNG ao Parlamento de Galiza nas eleccións do 12X, Xosé Luís Rivas 'Mini', pediu esta mañá na Coruña a "nacionalización" da antiga Alcoa para garantir o futuro da planta coruñesa e a integridade dos postos de traballo. 'Mini' apoiou a marcha motorizada dos traballadores da factoría da Agrela, como tamén o fixeron Mercedes Queixas, número 3 da lista, e a concelleira Avia Veira.
Ler novas