Veira: "Xa advertiramos que o pago da extra de 2012 é unha obriga derivada do RDL 10/2015"

Avia Veira no Pleno de decembro
Veira: "Xa advertiramos que o pago da extra de 2012 é unha obriga derivada do RDL 10/2015"

A Coruña, 24 de novembro de 2015.- Logo do acontecido hoxe á mañá na sesión do Pleno da Corporación, o Grupo Municipal do BNG sinala que xa advertira, tanto nas súas alegacións ao M1C/2015 como en nota de prensa enviada onte (achégase xunto a esta nota), que o pagamento do 26% da extra de 2012 ao funcionariado é unha obriga estabelecida no RD 10/2015 e de que de non facerse debería xustificarse en base á situación económico-financeira do Concello, cousa que o Goberno local non fixo e razón pola cal se adiou o punto da orde do día do Pleno que tivo lugar hoxe.

O BNG xa advertira de que o pagamento do 26% da extra de 2012 ao funcionariado é unha obriga estabelecida no RD 10/2015 e de que de non facerse debería xustificarse en base á situación económico-financeira do Concello, cousa que o Goberno local non fixo e razón pola cal se adiou o punto da orde do día do Pleno que tivo lugar hoxe

“Onte logo de ter acceso a primeira hora da tarde ao informe do  Secretario Xeral do Concello e o propio da Asesoría Xurídica, o Grupo Municipal do BNG manifestabamos que se constataba que a devolución ao funcionariado municipal neste ano o 26,23% da paga extra do ano 2012 é unha obriga do Concello da Coruña que se ten que cumprir no caso de que a situación económico-financeira o faga posíbel”, sinalan as nacionalistas.

Porén, o Bloque lembra que o Goberno municipal tiña intención hoxe de adoptar a decisión de dar  baixas por valor de 467.000 euros no Capítulo I. Gastos de persoal malia a obriga legal, xa advertida polo BNG, de aboarlles a parte correspondente da extra de 2012 ás traballadoras e aos traballadores municipais.

Así mesmo, o Bloque lembra que tanto no seu voto particular como nas súas alegacións pretendía que non se desen de baixa máis de catrocentos mil euros do Capítulo I. Gastos de persoal para reservalos e posibilitar que con eses cartos se puidese financiar a parte correspondente da extra que o Concello ten a obriga de lle pagar aos seus traballadores e ás súas traballadoras.

Tanto nas súas alegacións ao M1C/2015 como en nota de prensa enviada onte, as nacionalistas xa advertiran da obriga legal de aboarlles o 26,23% da extra de 2012 ao funcionariado do Concello mais tamén da condición, estabelecida no mesmo artigo do RD 10/2015, de acreditar a situación económico-financeira, tal e como apuntaban o Interventor Xeral e o Secretario Xeral en cadanseu informe

avia_antes_pleno

No mesmo sentido, o Secretario Xeral sinala no punto cuarto do seu informe: “Que en virtude de todo iso, considérase que a interpretación máis axustada en Dereito ao obxectivo, pretendido polo lexislador, de favorecer o estímulo do crecemento económico e afondar no incremento da eficiencia do funcionamento do emprego público compatíbel co cumprimento das regras fiscais, obxectivo teleolóxico declarado da norma, será a derivada de entender que como consecuencia do disposto no Real decreto lei 10/2015, a proposta formulada no Modificativo, no que se referise á redución do Capítulo I de persoal, para gastos voluntarios fóra deste capítulo, podería encontrarse dentro do suposto de estimación eventual da incursión no previsto no artigo 170.2.b) do TRLRHL, se a situación económico-financeira permitise a devolución e a súa utilización para iso, e polo tanto, e unicamente se a situación económico-financeira do Concello da Coruña o permitise, debería manterse nel polo tanto no Capítulo I a cantidade que pretende detraerse de 467.000 euros (s.e.u.o.) para outros gastos, destinando polo contrario esa cantidade, ao reintegro, aínda que sexa parcial, ao persoal do Concello, cando menos parte, dese 26,23% das cantidades non percibidas no exercicio de 2012, ou incorporar como remanente esa cantidade ao exercicio seguinte, se tecnicamente é correcto, achegando o resto dese aboamento pendente no exercicio de 2016 e con cargo ao orzamento dese ano”.

Deste xeito, e tal e como veu defendeu o BNG coa presentación, primeiro, do voto particular, e logo coa presentación de alegacións ao modificativo de crédito M1C/2015, a recuperación da minoración do Capítulo I (Capítulo I. Gasto de persoal) podería terse feito co obxecto de poder realizar con ela xunto con outro fondos propios do concello o pago dese 26,23 % da paga extra antes do remate deste 2015.

 

Noticias relcionadas:

Veira: "Xa advertiramos que o pago da extra de 2012 é unha obriga derivada do RDL 10/2015"