O Sr. Negreira modifica o PXOM ao gusto dos grandes
A Coruña, 18 de marzo de 2015- Ante o anuncio realizado polo alcalde de levar a cabo unha modificación puntual do PXOM provocada pola cesión de solo municipal a unha grande empresa para que esta poida ampliar as súas instalacións, o Grupo Municipal do BNG sinala que o PXOM, o principal instrumento de planeamento da cidade, modifícase, alegre e caprichosamente, ao gusto dos grandes.
As nacionalistas salientan que sorprende que non se tivese previsto isto durante o proceso de aprobación do PXOM do Partido Popular. Alén disto, subliña o BNG, non deixa de chamar a atención o contraste da actitude do Goberno Municipal xa que para os grandes modifícase alegremente o Plan Xeral e para outros non se pode modificar, caso dos desaloxados do Ofimático.