Queres saber canto lle custan ao Concello as sardiñadas ou o concerto de Los Secretos polo San Xoán?
A Coruña, 14 de xuño de 2014.- En aras da transparencia e de que a cidadanía teña coñecemento do gastos dos cartos municipais nas festas de San Xoán, o Bloque Nacionalista Galego emite o desglose dos 445.012,89 euros reservados polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para o San Xoán de 2014. Este orzamento do IMCE podería ser aínda maior, pois o expediente ao que tivo acceso á concelleira nacionalista María Xosé Bravo advirte de que a cantidade de 445.012,89 euros pode verse incrementada nun 10%, é dicir, a 489.514 euros. Trátase dun aumento do 22,85% respecto do San Xoán de 2013, que lle provocou ao IMCE uns gastos de 398.470 euros.
Ao gasto do IMCE no San Xoán aínda hai que sumarlle os gastos de Turismo (páxina web, vídeo, a campaña de posicionamento online ou sorteo de viaxes), os gastos da Concellaría de Medio Ambiente (150 toneladas de madeira, 54 sanitarios portátiles ou limpeza das praias) a publicidade pagada desde Alcaldía e outras actividades pagadas por organismos públicos, como é o caso do Consorcio para a Promoción da Música.
O Grupo Municipal do BNG denuncia os gastos prescindíbeis na festa do San Xoán, máxime nunha época de recortes en dereitos sociais e de encarecemento da vida actual, nunha cidade na que hai máis de 22.000 persoas en situación de desemprego. As nacionalistas defenden que o San Xoán -unha festa popular, participativa, familiar, de altísima implantación en todos os barrios da nosa cidade- non precisa tantos miles de euros nin de adobío ningún.
GASTOS DO IMCE SAN XOÁN 2014
TOTAL: 445.012,89 euros
Orquestra Foliada: 4.235
Manicómicos: 27.704
D. Gelati e Robinson: 10.812,56
Los Secretos: 65.945
Nacha Pop, La Unión e Los Limones: 31.460
Bipolar Fest: 25.531
Los títeres e La cocinita sabrosa: 13.068
Festival Rock-Roll stars: 50.820
Espectáculo pirotécnico: 8.900
Construción da falla: 18.150
Festival infantil: 32.428
Hogueras de San Juan: 20.900,25
Sardiñada: 12.705
Persoal: 8.200
Varios (actividades infantís, conexión eléctrica...): 17.000
Varios (montaxes, infraestruturas, aluguer de carroza, equipos son...): 29.000
Varios (creatividade, maquetación e impresión do programa): 20.752
Mupis publicitarios: 19.650,40
Bandeirolas: 16.000
Pantalla LED: 8.772,50
Seguridade: 2.979,07