No último ano do mandato, o Sr. Negreira contrata o poboado lapón por dous anos

No último ano do mandato, o Sr. Negreira contrata o poboado lapón por dous anos

ConcelloA Coruña, 17 de setembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia que no último ano do mandato e a só oito meses das eleccións municipais o Sr. Negreira compromete o vindeiro Goberno local a malgastar cartos públicos na instalación do poboado navideño na praza de María Pita. E é que os pregos administrativos do contrato, que sae publicado no BOP de hoxe, poñen de manifesto que a duración estipulada é de dous anos prorrogábeis por outros dous anos.

Así, por vez primeira desde que en 2012 o Goberno do Sr. Negreira tivera a ocorrencia de montar unha “Laponia” na praza de María Pita, a duración do contrato é de dous anos e non de un. De feito, até o de agora, os pregos estabelecían que a duración do contrato abranguería desde a súa sinatura até a finalización da desmontaxe e recollida das instalacións. É por iso que o Bloque cualifica de “lapote” esta nova carga que o Sr. Negreira lle deixa ao pobo da Coruña e ao Goberno local entrante.

O Grupo Municipal do BNG insiste en reprobar o gasto de máis de 135.000 euros na organización dun poboado lapón en María Pita posto que carece de retorno económico e non é quen de xerar riqueza. As nacionalistas desmenten a escusa do Goberno do Sr. Negreira –que alude ao apoio ao comercio- para celebrar o que consideran un “capricho”. Así, lembran que até o propio presidente da Federación de Comerciantes lle sacou as cores ao Goberno do Sr. Negreira ao advirtir o pasado ano de que o poboado lapón non ía ter impacto positivo no comercio.

 

 

Duración del contrato.

9ª. El contrato tendrá una duración de dos años, contados a partir de la fecha de formalización del contrato salvo que en el propio contrato figure otra fecha de inicio, prorrogables anualmente antes de su finalización por mutuo acuerdo de Ayuntamiento y contratista por dos años más hasta un máximo de cuatro años (incluyendo el periodo inicial y sus prórrogas). A tal efecto, antes de la finalización del plazo contractual, el contratista podrá solicitar la prórroga y el órgano de contratación acordarla. No obstante, en todo caso para el año 2014 el plazo de funcionamiento del poblado de navidad será desde el día 28 de noviembre de 2014 hasta el día 2 de enero de 2015, debiendo estar completamente desinstalado el día 3 de enero a las 9:00 horas. En los restantes años será el fijado por el Ayuntamiento con una duración similar.

No último ano do mandato, o Sr. Negreira contrata o poboado lapón por dous anos