A Maestranza-Hípica: un exemplo dos cambiazos feitos a última hora polo PP

A Maestranza-Hípica: un exemplo dos cambiazos feitos a última hora polo PP

xose pepriA Coruña, 15 de decembro de 2014.- Esta mañá, en rolda de prensa, o portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, expuxo un caso moi concreto dos cambiazos impostos de última hora introducidos polo Goberno Local, o pasado 31 de outubro de 2015, no documento para aprobación provisional presentado polo equipo redactor do Pepri quince días antes: o da Maestranza-Hípica.

Trátase de cambios en virtude dos cales legalízanse construcións indebidas en zona verde na Maestranza e permítense novos volumes de edificación incluíndo a Sociedade Deportiva da Hípica.

Concretamente, modifícase o planeamento aprobado en 1994, reordenando espazos libres e equipamentos, en especial na superficie de EL, que pasa a categoría de parque deportivo. E ademais, parte desta superficie recualifícase a equipamento, tanto para legalizar as edificacións situadas en zona verde, como para construír outras novas. Por esta razón, a normativa do PEPRI remítese ao art. 5.2.6.2 (*)do PXOM de 2013, permitindo en consecuencia unha ocupación de até o 35% para instalacións descubertas e até un máximo do 15% para as cubertas.

Isto despréndese do artigo 148 (ordenanza de espazos libres e zonas verdes públicas) que literalmente di:

“No desenvolvemento do Parque da Maestranza (ZL-44) analízase a posibilidade de manter parte das instalacións actualmente existentes, e polo tanto a súa incorporación ao proxecto do Parque como espazos dotacionais públicos, de conformidade co regulado na Disposición Final Primeira e no Plano 3 CUALIFICACIÓN”.

E tamén se desprende da Disposición Final Primeira (Plan Especial da Maestranza. API-H4.01, A.D.12/12/94), á que se remite este artigo 148, en virtude da cal sinálase o seguinte:

“Manterá a súa ordenación e determinacións coas únicas modificacións que deveñen da diferente zonificación de equipamentos e espazos libres establecidas en planos e memoria de ordenación, da catalogación da edificación existente sobre o Baluarte dos Pelamios, con destino a equipamento, e da consideración das instalacións da Sociedade Hípica como Parque Deportivo aos efectos da regulación establecida no apartado 5.2.6.2 da Normativa Urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A estes efectos, a realización de novos volumes de edificación requerirán a tramitación de estudos de detalle, que deberán ser informados pola administración competente en materia de protección do Patrimonio”.

(*)Art. 5.2.6.2 PXOM-2013 : “En los espacios libres en los que se autoricen parques deportivos se podrán incorporar instalaciones de usos deportivo y cultural descubiertos, con una ocupación máxima del 35%, e instalaciones cubiertas en función del deporte o de la actividad cultural de los que se trate, con una ocupación máxima del 15% de su superficie. Las instalaciones deportivas o culturales se regirán por lo previsto para estos usos en este mismo título”

A Maestranza-Hípica: un exemplo dos cambiazos feitos a última hora polo PP