O Goberno local estima que a débeda viva do Concello ascenderá a 81,83 millóns

O Goberno local estima que a débeda viva do Concello ascenderá a 81,83 millóns

A Coruña, 12 novembro de 2014- O Grupo Municipal chama a atención sobre a estimación que vén de facer o Goberno local en relación á débeda viva do Concello, é dicir, o capital pendente de amortizar cos bancos. E é que nun documento asinado pola Sra. Gallego e polo Sr. Coira, prognostícase que a débeda viva do Concello pechará o 2014 coa cifra récord de 81,83 euros.

As nacionalistas tiveron coñecemento deste informe unha vez accederon á documentación da Comisión municipal de Facenda, que se reunirá este venres con carácter informativo. Este informe vén motivado por que o Goberno local levará ao pleno do vindeiro martes á solicitude de ampliación en 120 mensualidades (no canto das 60 mensualidades inicialmente previstas) dos saldos debedores derivados das liquidacións definitivas da participación en tributos do estado dos anos 2008 e 2009.

 

O Goberno local estima que a débeda viva do Concello ascenderá a 81,83 millóns