Se o Goberno central se desentende, o Concello debe pedir a reversión dos terreos da fábrica de arma

Se o Goberno central se desentende, o Concello debe pedir a reversión dos terreos da fábrica de arma

A Coruña, 6 de marzo de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, rexeita as últimas declaracións do ministro de Defensa, en que xustifica o ERE de General Dynamics, e volve insistir na necesaria intervención do Goberno español, que non se pode desentender. O portavoz nacionalista explica que o Goberno español pode presionar a General Dynamics para evitar o peche da fábrica da Coruña dado o sistema de financiamento dos programas de armamento, que é resultado da colaboración entre os Ministerios de Industria e de Defensa, do que se beneficia a multinacional como contratista. "O Goberno español pode presionar e negociar como financiador e acreedor desta empresa", apunta.

Carril sinala que no caso de que o Ministerio de Defensa se inhiba de garantir a continuidade dos postos de traballo e a fábrica pecha, o Concello da Coruña ten que solicitar a reversión dos terreos, porque foi a Administración local quen cedeu estes terreos. Deste xeito, expón, evitaríanse operacións especulativas e permitiríase continuar coa actividade industrial nestes terreos, en colaboración coa Xunta de Galiza, a través dun plan industrial serio que aposte pola diversificación da produción ao sector civil, como o aeronáutico ou o eólico.

O BNG apoia a manifestación convocada polos traballadores para mañá

O BNG da Coruña apoia e participará na manifestación convocada polos traballadores para mañá. Participarán na mobilización o Grupo Municipal do BNG e o portavoz no Parlamento, Francisco Jorquera, ademais doutros representantes da formación frontista.

 

 

Se o Goberno central se desentende, o Concello debe pedir a reversión dos terreos da fábrica de arma